07 septiembre 2008

P e A: PA

As miñas máis sinceiras desculpas pola longa ausencia no blog. Pero está máis que xustificada. Estamos a dúas semanas da rodaxe de Aurora e non teño tempo nin para facer balance. Agora mesmo estamos nese punto da espiral onde hai que agarrarse forte para non saír voando.

Así a todo sería moi mal pai se o día máis importante do ano non fago un alto na vertixinosa carreira cara a gravación para dicir que a miña pequecha aprendeu a dicir: Pa-pa.

E para ela vai esta entrada (e se todo sae ben a curta tamén). Quérote Aldara.

1 comentario:

Rosalía dijo...

Pensei que era o aniversario da pequecha a medida que me aproximaba ao final da entrada. aiiiii ese momento no que di PA PA por primeira vez!!!sempre inesquecible