17 diciembre 2008

Canción de berce para Aldara

Berce do Sol que é a Lúa,
esta nena quere Estrelas.
Esta nena soña nelas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.

Nena que soñas co mar(e)
e entre estrelas con teu pai(e).
Coida del no teu soñar(e)
e deixa que as bágoas e o mar
as quente o Sol.

Berce do Sol que é a Lúa,
esta nena ten Estrelas
Esta nena terma delas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.

2 comentarios:

J. J. M. Veiga dijo...

me gusta

Manuel Macou dijo...

Graciñas, amigo. Tenche ata música (moito lla cantei cando era un bebé).