10 febrero 2009

A insistencia de Aldara

É realmente máxico o xeito en que os nenos aceptan as dificultades da vida. En que intre nos volvemos temerosos? Vexo como Aldara loita por permanecer en equilibrio e a boca quédame aberta cando cae unha e outra vez e unha e outra vez insiste... e cae. E insiste.

Ser testán ten a súas recompensas. Agora que repaso o vivido (non moito -que tampouco son un vello-) decátome da inmensa verdade que conteñen esas palabras. Todo o que logrei (dende o máis pequeno ao máis importante) foi por pura e dura insistencia.

Gracias Aldara por lembrar a papá que os límites poñémolos nós. Intentarei non esquecelo mañán, pero por se as moscas: Segue con ese espírito bravú.

300 GOLPES

8 comentarios:

r_ch_t dijo...

...Qué ilusión ver este vídeo!... Aldariña pequena vai dar moita "guerra"!... Unha aperta e que continuemos disfrutando dos seus avances!...

MulDR dijo...

A ver se esta fin de semana podedes ver en directo eses pasiños. Bicos mil!!!

maria lamosa dijo...

La cara de Dabo no sé si es de stress o de resignación ante las caidas,pero la cara de Aldara revelan que se lo está pasando en grande. Preparaos a correr detrás de ella porque siempre será más rápida que vosotros. Un biquiño a todos y esperamos veros pronto. La familia Martínez Lamosa.

Capitán Latinoamérica dijo...

Este gusto por grabar las carreras y los golpes me hace pensar que Humor Amarillo te afectó más de lo que pensaba, jajaja... Saludos!

MulDR dijo...

Boas familia!!!

Agora Aldara pasa a metade do tempo enriba de Dabo (e coa boca chea de pelo de can). Pobre animaliño.

Ainsss Humor Amarillo, El Chapulín Colorao... que bos momentos se pasaron e pasan en Pontevedra. Cantos luxos televisivos :DDDDD.

Moitos bicos!

Anónimo dijo...

Manu esperamos que sigas colgando vídeos coma éste! Deste xeito poderemos seguir a evolución desta monequiña aínda que sexa dende a distancia!! Está preciosa!

Bicos mil

Elena e Jorge

MulDR dijo...

Distancia? Quen falou de distancia? Ti estás AQUI, AGORA.

Quérote corazón! Bicos para os dous!!

Anónimo dijo...

Qué grande eres Manuel.
Y qué bonita es tu niña.
Besitos.
Rosna