18 abril 2009

Cuestións (7)

[Nota mental: Resístome a aceptar que hoxe é día 18...]

Hai xa varias de semanas que quero compartir a inmesa Banda Sonora que creou Rodrigo Guerrero coa axuda de Il Prologo: Salvador (clarinete), Raúl e Annalisa (violíns), David (viola) e Eva María (violoncello).





Tema: No teatro (Instrumental) * Compositor: Rodrigo Guerrero * Intérprete: Il Prólogo


Aquí vos deixo un dos temas que sonarán en Aurora. Escollín esta peza polas dificultades que tiveron na gravación e o magnífico resultado final (pese a todo).

E é que construímo-la casa polo tellado. Forzamos a Rodrigo a que adaptase o tempo da súa composición ao "anárquico" tempo da rodaxe (cando deberiamos ter definido o fragmento musical previamente e rodar despois con referencia del). Graciñas polo esforzo. A vosa (nosa) música fará moito máis grande unha curta tan pequena.

[Nota mental: Confirmado. Hoxe é día 18. Queda tanto por facer...
Mellor non pensar. Láiome lembrando aquela canción que di:
"¿Quién me ha robado el mes de Abril?"]

--------------------------
P.S. Desculpas polo mal funcionamento do reprodutor pero era por mor do servidor gratuíto de Microsoft onde tiña aloxado o arquivo de audio. Agora estou utilizando o Dropbox. Espero que o problema quedase resolto.

14 comentarios:

Gorila en la mierda. dijo...

Suena muy bien. A ver cómo se hace para que con esta música la imagen no cruja a vídeo.

MulDR dijo...

Iso digo eu.

Esta semana movo peza para re-dixitalizar en alta e chámote.

Elena Bangueses dijo...

Gústame moito :) Q ganiñas de ver a curta! Bicos mil!

MulDR dijo...

Corazón!!! Agora que conseguín insertar un reproductor de audio no blog a ver se podo compartir a versión túa con Ana de "Amiga, namorado vou"

Capitán Latinoamérica dijo...

Vaia, vaia, vaia... Que nivelazo!

MulDR dijo...

Graciñas Rober. Como dixo Gorila, agora temos un traballo interesante por diante para conseguir que o que nos entra polo ollo estea á altura do que nos entra polo oído.

Abuela pija dijo...

¡Me encantó la música de Aurora!. La he oido muchas veces y no me cansa. Creo que has dado con la persona idónea para "entender musicalmente" tu corto. Besiños

21 de abril de 2009 20:27

MulDR dijo...

Quérote Avoa (por pija que sexas). Din por aí que nai non hai máis que unha... e non é de estrañar: sodes tan grandes que se vos reparte unha por vida :P

A que Rodrigo é un fenómeno? :) Ás veces teño olfacto e todo.

ana =) dijo...

manu! que bonita! non sei como será a curta, pero xa solo con escoitar a banda sonora.... =)

ana =) dijo...

por certo! son anusqui! jejeje
un bico!!

MulDR dijo...

Anusqui, meu amor!!!

Que bo que vos guste :) É dobre ledicia ó saber que Rodrigo pode ler tódolos vosos comentarios. A ver cando teño tempo para colgar a vosa versión de "Amiga, namorado vou" (como lle dicía a Elena).

Bicos mil

P.S. Temos unha cousiña para ti que che vai encantar (ou iso espero). Axudounos Lucía a escollela pero non lle tires da lingua que non vai soltar prenda :PPPP

Anónimo dijo...

Logo de escoitala varias veces, cada vez paréceme máis preciosa. Änimo.
Pepe

Anónimo dijo...

¡Que música tan agradable, tan envolvente! Estou desexando escoitala toda.
Pilar Buceta

MulDR dijo...

Ás veces é un acerto ser ambicioso (que non pretencioso). Se cadra hai quen pensa que é un pouco pasado de voltas facer unha banda sonora para una curta tan pequecha. Os vosos comentarios danme a razón: un acerto.