18 septiembre 2009

Tragando area

Teño a necesidade de saír deste dique seco.

Hai meses que debo re-dixitalizar Aurora e non lle atopo o momento. Unhas veces é a vida mesma e outras a desidia as culpables de que a día de hoxe o proxecto se atope no mesmo semáforo en vermello que estaba onte.

E a situación tenche as súas consecuencias. As máis inmediatas son a ansiedade e o bloqueo. Síntome incapaz de escribir nada novo mentres Aurora non cobre vida definitivamente. É unha sensación como de estar retendo a respiración a moitos metros de profundidade, baixo o mar, cando hai xa varios segundos que non aguanto máis. Teño a certeza de estar defraudando aos que se deixaron a pel na rodaxe e son demasiado frecuentes as noites nas que me acompañan os soños repetitivos de guións patéticos xa descartados.

Co cambio de vivenda deixei atrás unha cidade que me activaba con cada pintada, con cada conversa anónima, deixei atrás ecos de coches e a inercia de escribir para contalo. Perdón.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ás veces temos que buscar máis alá dunha cidade, dunha xente...
Seguramente no teu interior hai moito máis do que pensas.
Por certo creo que gustábame máis o deseño anterior do blog.

MulDR dijo...

Graciñas. Tes razón. Pero ese mundo interior do que falas poida que non nos interese máis que a nós mesmos.

Penso que ás veces ese mundo é unha infundada idea de que agochamos algo nutritivo dentro, cando en realidade soamente se trata da necesidade primaria e egocéntrica (que algúns temos) de darlle unha nova volta de torca para mergullarnos máis e máis no noso propio embigo.

En calquera caso, aquí estás. E ese é o milagre de hoxe.

Con respecto ao deseño... Desculpa o desorde, pero entraches nun momento no que xogaba. Non pensei que ninguén axexase. Estou contigo, mellor este ;) Bicos mil anónimo!

Capitán Latinoamérica dijo...

Si te sirve de consuelo, te diré que cada vez que nos encontramos tras largo tiempo, te veo en cierto modo como un modelo a seguir, ese arrojo para sacar adelante tus proyectos personales me anima y me recarga las pilas para retomar los mios propios (abandonados por mi incurable falta de voluntad).
Y seamos sinceros, ese mundo interior que todos tenemos... estamos deseosos de compartirlo en pequeñas dosis y comprobar que otros lo disfrutan también (o no).
Solo hace falta que llegue el estímulo adecuado que nos saque de ese letargo. Espero que el tuyo te llegue pronto. No desesperes.

MulDR dijo...

Gracias Capitán. A verdade é que podería contestarte utilizando as túas propias palabras.

Cada vez que nos vemos sinto a motivación para seguir facendo cousas e percibo un mundo latente en vós.

Sodes unha familia dez. Que vos queremos supoño que está claro pero, ¿quen non se quere rodear de boas persoas? A ver se para a próxima comida poden vir tamén Guille e Edu.

Bicos mil (comparte algún con eles -non sexas agarrado-) e viños varios :P