13 octubre 2009

Nena da praia

Na ponte do Pilar visitamos Asturias (concretamente Luarca). Tanto a costa como os pobos de montaña (no interior) son verdadeiro arte natural. Aló xestouse esta micrometraxe feita coa cámara de fotos.

NENA DA PRAIA



Tedes a disposición os subtítulos para a versión en español.

11 comentarios:

Buenense dijo...

Ainss, que nena tan bonita temos. Graciñas por uns días tan marabillosos.
Encántame organizar sorpresas, sobre todo cando as disfruto eu tamén, jejeje.

Manuel Macou dijo...

Que vai dicir unha nai dunha filla... a verdade: é preciosa.

Encantoume a viaxe sorpresa a Asturias, os paseos e ate as rifas coa pequecha para que non tirase dos pes os zapatos.

Din que con cada novo membro que chega a unha familia hai que dividir un pouco máis o cariño, eu penso que (dalgún xeito) o cariño multiplícase. Quérovos!!!

Capitán Latinoamérica dijo...

Naceu unha estrela!!

Mira que es esxplotador, vós de vacación e a pobre rapaza a traballar diante das cámaras.

Pagaríaslle ben, non?(con alta na seguridade social

Manuel Macou dijo...

Ai Capitán, non creas que foi doado traballar con ela. Quería caravana propia, dúas ducias de natillas de chocolate por día e cambio de pañal cada hora (que era o máis duro).

Ao final non compensa facer negocios coa familia :P

Bicos tio!!!!

Ele dijo...

Todo que fas ten algo especial!! :)

CANALARTES Materiales, experiencias, talleres y recursos educativos. dijo...

Ola veciño!
Estupenda minicurta e interesante blog... seguiremolo. Un saudo

Manuel Macou dijo...

Ele, meu corazón, graciñas. Algo é especial na medida en que alguén é capaz de sacarlle esa lectura.

Quérote! (ves como o cariño multiplícase, Buenense?)

Vaia sorpresa Bacharelato de Artes Mª Soliño. Desculpade que vos reciba en pixama e zapatillas, pero non agardaba visita. Pero pasade, pasade, un veciño sempre é boa compaña.

Por certo, visitei o voso blog. Haiche xerme de artista solto, un xerme que espero medre independente e en tódalas direccións.

Apertas mil!

patrizia lede dijo...

Que bonito Manué. Tes unha pequecha que está para comela. Bicos familia.

Manuel Macou dijo...

Lapatrís! Que ganiñas de vervos corazón. Andamos a mil e non damos co momento para atoparnos en persoa de novo. Debemos estar na loita polo título dos peores amigos do mundo. Amigos non obstante.

Bicos mil (como sempre a repartir)

Anónimo dijo...

...Vaia, una vez máis comprobo que son de lágrima fácil!.. =) pero quén no se emociona con estas imaxes?... quédome con todo, co texto, coa música, pero sobre todo... coa OLLADA DA NENA DA PRAIA... Unha aperta enorme para TODOS dende o outro lado da Ría. Que podamos seguir compartindo momentos tan especiais coma éste, de seguro que sí.

Manuel Macou dijo...

Graciñas. Queda confirmada a forza que posúe a ollada dun neno. Claro que a sensibilidade que aporta quen axexa dende o outro lado do espello é un valor engadido co que hai que contar.

Bicos mil para os tíos da praia, que comparten con nós, xenerosos, un mesmo mar.