27 julio 2010

Cuestións (10) / Consumir preferentemente antes de

En que momento expira un proxecto? É posible que apodreza unha idea antes de se materializar por completo? Despois de dous anos e co nacemento do meu segundo fillo de por medio, Aurora loita por non se converter nun finado.

O peor (¿?) é que a cabeza non se detén e a necesidade de abordar novos temas pide pola súa quenda.

Agora ando coa teima de falar do meu avó nun documental experimental (gústame chamarlle "trangallada familiar"). Por que? Porque non descubriu a penicilina, nin gañou millóns na lotería. Non salvou a un can de entre as lapas dun incendio, nin vendeu na televisión a vida de ningún dos seus fillos. É un home que simplemente está aí, un home que sostén coas súas vellas mans (tres veces maiores ás do pequeno Teo) a rede dunha familia enteira, a miña.

Foi un golpe de sorte atopar* os traballos de Alan Berliner, un director que moito antes ca min, tamén decidiu que falar dos seus podía ser unha boa idea. Agora estou a recopilar tódalas gravacións familiares espalladas nunhas cantas ducias de cintas de SuperHi8mm e VHS. Tamén fotos e documentos dos anos mozos do meu avó.

Non sei con que me vou atopar cando grave (esperemos que sexa este verán). Teremos historia que contar? O que é seguro é que este proxecto vaime achegar un pasiño máis ao meu avó e, por descontado, entenderei máis ao meu pai (seu fillo) e espero a min mesmo. Como pouco deixarei un documento para que Teo poida coñecer ao seu bisavó e de paso comprender o valor que este lle concedeu sempre á palabra familia.

Espero poder contar nesta buceta** de escasa tripulación coa arte de Area tirando fotos. Sopran ventos favorables. Será cousa de aproveitalo e temperar as velas.


____________
* En realidade a recomendación parte de Sandra Sánchez, coa que coincidín mentres ela montaba unha TV Movie. Pero non tería visto os catro documentais (The family album; Intimate stranger; Nobody's Bussines; The sweetest sound) de non ser por Xose, que compartiu xeneroso ese anaquiño de ouro dividido en catro DVD's (graciñas Polaco!).
** Buceta - pequena embarcación a vela e remos.

2 comentarios:

Teatrero de palo. dijo...

Aún no has acabado ni Aurora ni Sublimación Redux (éste ya huele a rancio que lo flipas) y vas y te metes en otro.

Así nos va.

Por cierto, estoy de vacaciones así que:

a) Voy a acabar el teatro de una puñetera vez.

b) A ver si quedamos. Tuve un par de ideas distópicas de esas que les vienen a los esquizofrénicos como yo. A ver si lo ves viable. Aunque tú siempre dices que sí; nos ha jodido, como no eres el que lo tiene que financiar. Además quiero ver la de Christopher Nolan.

Manuel Macou dijo...

Bueno Teatrero, algo de razón levas: Aurora está pechado de edición e á espera de corazón no quirófano; Sublimación está listo para botarlle man á cor; Me llamo Rama está en plena edición; a voda da miña irmá sen empezar despois de dous anos; e a trangallada do meu avó ocúpame o tempo de estar con el cunha cámara na man (a ver se pensas que quero facer Transformers3).

Entre medias saquei adiante Gloria para todos; ¿Quien quiere ser director de cine?; Una sóla palabra; Depetrosa; os subtítulos de Demasiado lejos e á miña familia. O balance non é tan desquiciadamente negativo ao final :P

En canto ao de vérmonos... Faiche ir ao cine o venres? Digoo porque agora estou en Bueu pero teño pensado subir a por uns papeis o venres. Se che fai vamos pola tarde/noite. Falamos fenómeno. E graciñas polo esforzo de buscar donante ;)))))) (os amigos son os amigos)