29 agosto 2011

Cousas perdidas polo planeta adiante

Gústanme os sitios que axudan a mirar dentro do cotiá e valorar os matices que normalmente pasan desapercibidos.

Ao día seguinte de ler o "más graffiti" publicado en El Planeta Perdido, din con este recuncho. Curiosamente levaba máis dun mes pasando por diante. Dúas veces ao día, cinco días á semana para sermos exactos: camiño de Santiago e de volta a Cerceda.

Hoxe, un par de semanas despois, tiven un momento de acougo e decidín deter o coche para tirarlle unha foto. Case sen dacatarme, demorei un bo rato diante do mural, coa porta do coche aberta e algún dos temas do Tierra trágalos de Klaus & Kinski sonando de fondo. Foi o momento especial do día e un bo comezo para unha semana que se adiviña esgotadora.

5 comentarios:

Capitán Latinoamérica dijo...

Me gustan estas cosas, de vez en cuando se lleva uno una grata sorpresa con estas muestras de auténtico arte callejero. Me recuerda un poco a "the wall" de Pink Floyd

Manuel Macou dijo...

Que grande, a min tamén me lembrou a The Wall... :)

Estou contigo en que isto é arte da rúa. Despois están os deixan a súa sinatura con spray en cada muro e chámanlle graffiti (que tamén manda carallo).

J J M Veiga dijo...

Me encanta, creo que ya he fotografiado alguno más de este autor.Puro arte urbano.

crunia galaxy dijo...

Cuantas cosas nos pasan desapercibidas ahogados por la rutina y el estres diarios y que cuando podemos parar a tomarnos un suspiro nos asombran como es el caso de este mural.
Mi movil (ventajas que nos proporcionan las nuevas tecnologias) tambien cuenta con unas cuantas fotos de murales y frases que no pasan desapercibidas ni a la retina ni a la mente.
Bicos mil!

Manuel Macou dijo...

Juan déboche un e-mail contándoche novidades de La Hora. Teñen que ver coa banda sonora e o desglose. A ver se podo esta fin de semana. Bicos!

Sabes Crunia? O único bo de sair ás 23h (coma min esta semana) é que non tes o problema de perderte nada que non sexa a absoluta oscuridade do polígono. Muaks!