04 agosto 2011

Fe de erros (9)

Hai xente que pensa que escribo neste blog ou fago curtas movido por algún tipo de paixón. Ben pensado sería bonito, porque tinguiría de certo romanticismo todo o feito e iso animaría ao lector ou espectador a desculpar as miñas torpezas.

Nada máis lonxe. O que primeiro turra por min é a necesidade. A cousa esa de mostrarme como son, coa esperanza de que alguén se apiade e diga: Macou éche así, un rariño, pero tampouco é tan mal tipo despois de todo. Porque ser ovella negra está ben (non renego delo), máis de cando en vez un precisa ser simplemente ovella. Non sei se me explico.

Na última noite, falando con Crunia na praia, din en pensar que será desas historias xa escritas que xamáis verán a luz. Invertín tanto tempo deixando nelas pistas sobre quén é un! E total para nada, porque acabarán no lixo ou cun formateado rápido.

Imaxino todo o que non farei, o que non chegarei a ser, e sinto vertixe. Cantaba Silvio Rodríguez: " (...) Para pretender, el mundo es largo. Para conformarse, se ha inventado el jamás."

Nestas últimas noites, qué demo, disipo "a necesidade" afundindo as miñas patas negras na area e vendo como outros chegan a onde eu non alcanzarei. Ti enténdesme.

10 comentarios:

Lucy D dijo...

Enténdoche perfectamente Manuel...

Manuel Macou dijo...

Cago no demo... Pero se ti eres das que estás chegando!!!

Dálle duro a esas formigas e non deixes de xogar coa cámara.

Moitos bicos rianxeira!

Pegaplanos sin talento. dijo...

Había una peli sobre eso...

Quieres ser director de cine, se llamaba.

Bastante mala.

Manuel Macou dijo...

Bastante mala? Falamos da mesma? Era esa que estaba tan ben montada non? :PPP

Ai Martin, Martin... NECESITO ir ao cine XA!!! Chámame a vindeira semana anda. Apiádate de min.

Enclenque esqueje dijo...

Pues sería lo único bueno el montaje porque lo demás era un churro. Bueno, los insertos de TV tenían un pase.

A ver si la semana que viene estoy más libre, que ahora ando en Def Con 1. Lo irónico es que estoy de vacaciones.

Podíamos ir a ver el western de Eduardo Noriega. Aunque sólo sea para ponerlo a parir.

Manuel Macou dijo...

Acepto!

Marta dijo...

Te entiendo pero....esa necesidad no es pasion?
Solo hay que irse a la wikipedia ...."la pasión es una emoción intensa que engloba el entusiasmo o deseo por algo".....
El entusiasmo y el deseo de darse a conocer :)
Biquiños!

Manuel Macou dijo...

Iso si que non... no meu propio blog dándoche a razón? Onde se viu?

Bicos guapaaaaa!!! (que razón tessss)

j j m veiga dijo...

Tal vez en algún rincón de la galaxia, cuando el destino nos alcance, un sueño, tal vez sólo uno, cruce la frontera del espacio tiempo y nos recuerde que lo importante de ese sueño no es el final, pues allí, tal vez, y repito, sólo tal vez exista la nada. Entonces entenderemos que lo importante es el camino. Resumiendo, como tú, pertenezco a esa raza de extraña de seres y engendros descendientes de los escarceos de Morfeo en la Tierra.

Manuel Macou dijo...

O camiño é o único que comparto cos grandes Juan. E non é pouco! Bendito camiño se atopamos nel a xente coma ti, a modo de pedra na que bater dúas e cen veces.

________

Estou enganchado ás túas Montañas del Olvido... o que me falta é tempo para escalalas con maior continuidade (porca miseria).