31 enero 2012

Pozo

Hai meses nos que costa manter o optimismo.

Tocoume facer os papeis do paro. O primeiro día cheguei aos dous minutos de abrir e quedei sen número.
- E non podo facer todo isto a través de internet?
- Es que tiene que entregar los documentos que faltan.
- E a que hora veño?
- Pues a primera hora.
- Desculpe? E que hora é esa?
Entendín todo ao día seguinte, ás portas do edificio do INEM. Facía frio e era cedo, moi cedo. Case hora e media antes de que abrise o garito. Pero é que somos moitos. Somos parados de carallo... Coñecín a unha rapaza, ela viña de segunda volta tamén. "Amigos na cola do paro", chamoume. Agardamos dende a famosa "primeira hora" ata a maldita "última hora". Tomamos un café, falamos de fútbol, de cine (inevitable), da vida na Coruña. A miña sólida tapadeira de tímido ao descuberto nunha triste mañá. Ah, un inciso: podía ter feito a xestión a través de internet. Gracioso, non?

Fun ao oculista polo do desprendimento de retina. O tipo non viu o volante, non preguntou nada, limitouse a sinalar co dedo unha banqueta mentres a súa enfermeira prendía a pantalla luminosa con formas:
- ¿Dónde tiene la abertura?
- Arriba, dereita, dereita, abaixo, dereita, arriba.
- Ves perfectamente, puedes irte.
- É que de preto, ao ler, vexo dobre. De lonxe non teño problema.
- Pero los miopes vemos bien de cerca, nuestro problema es de lejos. Quítate las gafas para leer. Puedes irte.
Un mes de incertidume agardando polo veredicto do puñeteiro especialista e vai e dime que quite os lentes para ler. Saír de alí foi comparable a ver a sexta tempada de Perdidos: Frustración crecente e ganas de matar.

O noso can pasou seis noites chorando sen parar, sen deixarnos durmir. Despois pareceulle pouco tempo e tamén chorou durante o día. Levámolo á veterinaria e seica ten ansiedade, unha especie de consecuencia do síndrome de separación canina. Que non entendo moi ben a santo de que lle entra un síndrome de separación, xusto no momento en que estamos todo o día na casa con el. Igual non ten o síndrome ese e o que lle pasa é que sinte que invadimos o seu espazo vital, con tanta compaña. Resumindo, despois de tres días nos que os ansiolíticos (baixo receita veterinaria) non deron resultado positivo algún, agora vése moito máis tranquilo. E nós levamos tres días seguidos durmindo (que non é pouco).

Conectei un iPod ao meu mac. Aínda me pregunto por que. Nin sequera teño iPod. Sincronizou, procesou, actualizou, xestionou e cascou o disco duro. Ah! e, culpa miña, non tiña copia de seguridade de canta morralla tiña metida nel. Leveino á tenda oficial en Coruña.
- El disco duro no funciona.
Grazas señor porque estos técnicos sempre dan co problema! (sic). Aceptei un cambio de disco duro con intento de recuperación de datos por un non moi módico prezo. Quedaron de chamarme hoxe os ladróns do Replay para dar contestación ao problema, pero será mañá. Ou igual están a agardar para que, definitivamente, empece Febreiro con mellor pé.

Xaneiro, aló fuches. Unha cousa teño clara: non te botarei en falta :)


5 comentarios:

r_ch_t dijo...

Aquí hay material para montar algún Sketch (tristemente Surrealista).

Crunia dijo...

Remitome á sabiduría popular.....
Non hai mal que cen anos dure...
Nunca choveu que non escampara.....
E incluso podo plaxiar ó Obama..... Yes YOU can ;)
Miles de bicos koalines!!!

Manuel Macou dijo...

Rober, loito cada día para que a miña vida sexa unha sitcom surrealista (e non un dramón). E por sorte conto cun reparto xeitoso. Sigo pensando que foi unha sorte para a miña irmá dar contigo, pero tamén para min, que te teño cerca. Quérote "el mundo", que diría a nosa Aurora. Graciñas polos correos que me mandas! Vémonos a fin de semana (coidádeme a Sexyboy) :))))

Tes razón, Cru, o pobo é sabio e soberano. Aínda que ás veces penso se avanzamos en retroceso. Bicos boomerang mil e afectos varios bichiño!

Capitán Latinoamérica dijo...

Pois sí que somos un bo puñado de parados, en canto ós do INEM agora déuselles por poñer cita previa para "evitar" esas aglomeracións (vai ti a saber), en calqueira caso eu non me fiaría das operacións por internet, a súa maravillosa páxina non funciona o 90% das veces.

En canto ó ipad, iphone e icarallo... son uns estafadores de moito coidado. Eu quédome co meu mp3 e o meu ordenador da idade de pedra que ben me funcionan.

E en canto ó señor Doutor... a próxima vez mételle un pau polo cú, a ver se presta atención. Parece que os matasáns en xeral fan un master especial en desidia, apatía e desinterés polo paciente, xa pode estar un morrendo

Manuel Macou dijo...

jajajaj Capitan, Eu tamén so dos modernos do mp3. Hoxe volve o fillo pródigo! A ver como o deixaron de ben o da tenda de mac...

En canto ao oculista... Eu sonche máis dunha tranca gorda, que ademáis do +2 en cegueira do ollo do cú (que tamén ten o pao), conta cun bonificador +5 en "agora si que tes toda a miña atención, cóntame"

Apertas fenómeno!!!