06 marzo 2012

Cuestións (13) / Guillotina

Canso de escoitar a toda sorte de neófitos financieiros invocando nos medios de comunicación (incluso en parques infantís e zonas comúns) aos demos máis e mellor mantidos do averno bolsista. Política de austeridade (vómito), crise económico-financieira (vómito), paro e abaratamento do despido (vómito, vómito e máis vómito)...

Tal e como defendían os Monty Phyton na súa curta Seguros Permanentes Crimson*, se o mundo non fose redondo (como o ollo do cú), non había pintar todo de xeito ben distinto?


Tería un aquel o de reinstaurar a guillotina. Pero vexo a cousa moi parada ao respecto.

______________
* The Crimson Permanent Assurance (de 1983) é unha curtametraxe dirixida por Terry Gilliam (Monty Phyton) que foi incluída como prólogo na súa excepcional comedia El sentido de la vida, e que por certo veñen de poñela hoxe en la Sexta3.

2 comentarios:

Capitán Latinoamérica dijo...

Totamente dacordo coa guillotina, e cos cócteles molotov tamén... chamádeme radical, pero cada día que me levanto síntome un pouco máis anarquista.

Manuel Macou dijo...

Na miña opinión non eres radical. É que non se pode pisar sen mirar onde pisas. Señores, que eses son os nosos collóns!

En calquera caso a última vez que se utilizou a guillotina, reservábase para a realeza. Eu estou por democratizala, hai que ampliar o espectro de acción porque hai moito porco facendo méritos.

Ánimo amigo! EU CREO EN TI.