26 abril 2012

Desexos (8) / Cicloxénese

Supliquei durante meses, con vehemencia case irracional, por unha cicloxénese explosiva que mudase con virulencia a orde das cousas neste deserto travestido de aldea.

Esquivando ramallos, camiño do último día de traballo, vexo pola xanela do coche e onde unha vez dixen vello, agora desexo poder dicir novo. Entendes o que digo?

2 comentarios:

Marta dijo...

Que me dis disto a dia de hoxe? Chegou a cicloxenese? :)
Bicos mil!!!

Manuel Macou dijo...

Chegou un vento forte, que non é pouco. Mudou algo? Non, nada. Pero deixounos a todos o pelo revolto. Por algo se empeza.

Bicos gorrión!