06 noviembre 2012

CoraSons en Cineuropa

Resulta que o traballo deu o seus froitos. A longametraxe documental "CoraSons" (de Paco Abelleira), na que traballei como montador, será presentada na XXVI edición de Cineuropa.

DIA: Xoves, 15 de novembro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Salón Teatro (Santiago de Compostela)
MÁIS INFORMACIÓN: Préme aquí

Quen nolo diría a principios de xuño. Foi entón cando tivemos as primeiras tomas de contacto e, teño que recoñecelo, antes incluso de ver as imaxes, soubo Paco atraparme contándome a historia dos CoraSons e a solución visual que quería darlle:

Páxina de facebook causante de todo este lío
Tomando como pretexto as fotografías e escritos que Isabel Leal veu colgando na súa páxina "Quem ve coraçoes" de facebook, un grupo de artistas (pero sobre todo un grupo de amigos) deciden poñer música á exposición que ten lugar na Casa das Crechas (Santiago de Compostela).

O que viría despois, penso que soamente é comprensible vendo o documental. Concertos en Galicia e Portugal e ata 40 músicos (e non músicos) implicados. Artistas do calado de Uxía (voz e alma mater do proxecto), Carlos Blanco (actor e condutor nos concertos), Magín Blanco (compositor dun bo número de temas), Budiño, António Zambujo, Couple Coffee, João Afonso,... Pero tamén arquitectos facendo a percusión, carpinteiros que son compositores, actores que ademáis son cantantes, e ate cardioloxistas (fermosa coincidencia, non?) poñendo voz a cancións sobre o corazón.

Tan especial como soa.

Como afrontar 16 horas de bruto? Do único xeito que coñezo. Dándolle a play. Durante a primeira semana, mentres Paco loitaba coa "parte narrativa" do documental, eu limiteime a ver e intentar comprender todo o que eles viviron mentres gravaban a preparación do disco (porque tamén haberá disco) e o propio concerto na Arousa.

Fotograma do teaser con Tatán R. Cunha e Xoán Curiel
Despois chegaron meses de edición nos que fomos desenvolvendo e definindo os bloques temáticos e, en paralelo, editando os temas musicais do concerto que servirían de fío condutor da narración. Xa por último recrearse cos recursos, currarse as transicións (graciñas Isabel por esas magníficas fotos!!!), mesturar a gravación do disco, ensaios e concerto e comprobar que todo aquilo que Paco Abelleira quería contar, ademáis de atractivo, tiña sentido. 

Conseguido? Penso que si. Pero haberá que agardar pola resposta do público.

Quédame pena por temazos como o "Desafinado" dos "Couple Coffee", ou o momentazo do gran Quico Cadaval no concerto do Maus Hábitos (Porto), que ao fin quedaron fóra da versión definitiva, pero penso que temos un documental cálido e emotivo. Espero que poidades velo en Cineuropa (xa me contaredes) e espero poder presentalo en Bueu proximamente.

Fotograma da película cos agradecementos
O meu agradecemento especial aos familiares e amigos que saen neste fotograma, porque co seu visionado axudaron a redondear o documental e sen algún deles non tería dado coa tecla no After Effects. Graciñas!!!

4 comentarios:

Capitán Latinoamérica dijo...

Menudo traballiño, imaxínote neses momentos cunha tixeira nas mans sen saber por ónde comezas a cercenar unha materia prima tan abundante.

Manuel Macou dijo...

Pois o certo é que agobiou máis ao principio do que realmente foi finalmente.

Porque Paco tiña moi claro o que quería e, para cando eu rematei coa edición dos temas musicais, el xa atopara un sentido narrativo dentro das entrevistas.

Molou moito traballar man a man con el. Sempre aberto a propostas e ao mesmo tempo cunha idea clara do que quería finalmente.

r_ch_t dijo...

Os nosos corações fan TUM, TUM, TUM....

Manuel Macou dijo...

Tamén os nosos ao voso ritmo... tum, tum, tum! Graciñas pola vosa colaboración na película, familia!!!!