10 mayo 2012

Manuel de Bueu, que fai curtas

Éncheme de orgullo e satisfacción... Tranquilos, non me carguei ningún elefante.

A nosa Aurora foi seleccionada para competir no festival galego de curtas por excelencia, o IX Festival de Cans (Porriño). Se asistides á inauguración do festival (23 de maio -non se precisa entrada-) ou á proxección (26 de maio -con entrada-) por aló andaremos.



Ademáis estamos con Aurora a concurso no Festival Angelika Cinema Lounge (Madrid).

A presentación da curta correrá a cargo de Alber Ponte, e aquí dan premio do público asistente. Así que se andades desocupados por Madrid o día 16 de maio ás 21h, non vos cortedes e asistide para votarnos (aínda que a curta non vos guste un carallo). Necesitamos pelas para facer outra carallada audiovisual e non podo saquear novamente á miña muller (que non me deixa nin sacar o tema). Non vos cortedes e pasade a información aos vosos contactos, seguro que algún vive en Madrid.



Graciñas aos que co voso esforzo, traballo e comprensión axudáchedes a que hoxe sexa un home feliz.

3 comentarios:

Capitán Latinoamérica dijo...

Noraboa rapaz, e a ver se hai sorte cos premios.

Manuel Macou dijo...

Graciñas tío.

A ver, hai que ser realistas: O premio é ser FINALISTA en Cans. Soamente hai 12 curtas a concurso e non nos vamos a comer nada.

Pero que me quiten a alegría que teño agora...

Crunia dijo...

Encheme de orgullo e satisfacción ... (eu non provoco a ninguen maís grande ca min) .... pois iso, que encheme dicir que o sabia, que isto tiña que ser así nalgun momento (xa sabes, enchemento de paciencia) o único que tiñas que esperar era o cambio de graduación das lentes e visen o que vales.
Aledome moitisimo e non sei se desexarte sorte porque ti tes flor no cu. Pero ainda así, por se as "flys" ........moita sorte ou moita merda que é maís o seu.
Bicos mil corazón!!!!