Cando o Blogger engadiu un gadget para os habituais dun blog (gadget de "Seguidores"), pareceume un aporte interesante. Se non o incluín inmediatamente no meu recuncho foi porque simplemente non se me cargaba na páxina.
Comprobei nestes meses que o gadget cárgase nalgúns blogs mais noutros non. Despois de falar onte pola noite con
Crunia e
Deb (e vendo os seus respectivos blogs) semella que a cousa confírmase. Cheguei á
conclusión de que ten que ver coa
compatibilidade do patrón que empregamos ao crear o noso sitio.
Así que seguín argallando e penso que din coa
solución ao problema. En troques de engadir o gadget "
Seguidores" o que hai que facer é conseguir o código fonte e engadilo como un gadget de "
HTML/Javascript" dos de sempre. Doado e efectivo.
O PROCESO PASO A PASO (Se o fixen eu, ti tamén podes)
- Ingresar no Blogger co teu usuario e contrasinal.
- Ir a www.google.com/friendconnect/
- Para os que tedes máis dun blog: Elixir o blog no que queremos engadir o gadget (número 1)
-
Premer en "Añadir el gadget de miembros" (número 2)
- Na páxina que se abre, personalizar o teu gadget (números 3, 4 e 5)
- Premer en "Generar código" (número 6) e copiar o contido.
- Entrar no teu Blog, ir a "Diseño", engadir o gadget "HTML/Javascript" (número 7) e pegar dentro o código fonte que ves de copiar.
- Gardar e... listo!
PODES AMPLIAR AS IMAXES DE AXUDA PREMENDO SOBRE ELAS