Ter palabra, ser solidario, crítico e autocrítico, eses piares básicos para meus pais, son hoxe conceptos politicamente (socialmente) incorrectos.
Mostrando las entradas con la etiqueta Fe de Erros. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Fe de Erros. Mostrar todas las entradas
18 octubre 2016
Fe de Erros (19) / O politicamente incorrecto
Ter palabra, ser solidario, crítico e autocrítico, eses piares básicos para meus pais, son hoxe conceptos politicamente (socialmente) incorrectos.
22 febrero 2016
Fe de Erros (18) / Arre-Só
Tres hurras polos políticos que defenden con orgullo, indignación e vergoña a incuestionable inocencia da súa propia formación política podre de corrupción. Arre burra! Sóóó burra! Arre-sóóó! Non che mandan? Es ben burra, carallo!!
13 agosto 2015
Fe de erros (17) / Librepensamento de redes
Son punk porque digo as cousas ao meu xeito (máis orixinal, máis veces e mellor -máis alto!-). Son o máis punk porque non me trago os teus dogmatismos (cómete o meu se queres rula!). Son punk porque aborrezo as modas (bastante teño con levar o peso de marcar tendencia). Son un enxendro esnob gafapasta, con pau de selfie, silla reclinable, pantalla plana, rato ergonómico (para evitar a síndrome de túnel carpiano), iphone de última xeneración dourado (sabes o que é a exclusividade? mmm que rico...). Sen moverme do sitio premo en gústame e sube o pan (pan!); fago RT e digo WTF in your face (incluso estando só na habitación -por pura convicción, entendes mona?-); actualizo o instagram e uso o blur, o gaussian blur, o vignette; adoro o meu peito rasurado, o meu tupé, a laca (la-ca... ah! ese cheiro que me deixa a produto recén feito lémbrame que son DEUS). Mastúrbome. E non, non penso en ti, prefiro recrearme na imaxe que creo que a xente ten de min mesmo. Fantaseo con tirarme a vida. Desprézome profundamente. Despois de todo a morte de DEUS é necesaria.Son punk, non cho dixen?
P.S. Que fartura, meu...
28 abril 2014
Fe de Erros (16) / O íntre despois
Coa máquina a pleno rendemento, planeo o asalto ao íntre despois do Xuizo Final. Con todos esos cadáveres apilándose nas cunetas, nas colas do paro, incluso algúns aos que lles sorprendeu o evento no retrete; intento evitar que me pille a nova Era preguntándome, ¡que putada!, sobrevivín. E agora que? Vouvos dicir "que"... espero que moi pronto.
30 mayo 2013
Fe de Erros (15) / Ostia
"Ostia". Buscando información na hemeroteca dixital para un proxecto no que estou a traballar, atópome con que ABC publicitaba esta película a toda páxina (na 8 concretamente) en 1977. Sinto medo en Technicolor e Techniscope. Vivimos nun salto cara atrás no tempo. Somos as partículas rebobinadas que fuxen do futuro e achéganse a un burato negro que as papará e as volverá a cuspir en calquera outra dirección.
16 octubre 2012
Fe de Erros (14) / Aldebarán
Antes de adentrarme en Betelgeuse (de Luiz Eduardo de Oliveira -LEO-), releo no texto dalgunha das viñetas de Aldebarán (Primeiro Ciclo). Un calofrío percorre o meu corpo ao facelo.
A crúa realidade que vivimos, ás veces atópase magnificamente representada en lonxanos mundos imaxinados como Aldebarán.
P.S. Graciñas Juan, por deixarme os libros, o teu novo libro, pola amizade.
![]() |
| Reflexión do Senador Lopes, falando coa súa filla Gwen |
P.S. Graciñas Juan, por deixarme os libros, o teu novo libro, pola amizade.
13 abril 2012
Fe de Erros (13) / Tricaster
Ante a tentación de sentirse importante realizando unha serie de televisión aos mandos da Tricaster, os mesmos distribuidores do produto lémbranche graficamente que o teu traballo pode facelo un neno de primaria (está por ver se incluso un gorila de lombo prateado). Por sorte, a reforma laboral aínda non permite contratar a ningún dos citados. Pero ao tempo.
| Estudante manexando unha Tricaster |
25 febrero 2012
Fe de Erros (12) / A voltas coa lingua
O pasado 24 de Xaneiro deixei no foro do blogger un fío cunha solicitude:
Hai algo máis dunha semana houbo resposta. Non foi nin de lonxe a desexada, pero polo menos haiche feedback:
30 septiembre 2011
Fe de Erros (11) / Tralas Luces
Títulos como Tralas luces, son un gancho directo na queixada daqueles pailáns travestidos de eruditos que insisten en atopar todo o bo alén das nosas fronteiras.
![]() |
| Préme sobre a imaxe para visitar a páxina oficial da película |
Un documental sensible e atmosférico con personalidade propia. Para ver e reflexionar. Moi recomendable.
14 septiembre 2011
Fe de Erros (10) / A cascala
Os que verten a súa verborrea estéril sobre a humanidade; os que envexan o que ti tes porque non se atreven a perseguir o seu propio soño; os que odian xenerosamente e sen necesitar demasiados motivos; os que por prometer prometen e non cumplen porque lles tira dun pé mentres poidan seguir sacando tallada; os que se pensan eternos porque gozan de piscina na súa praia privada... Eles, seres despreciables, abofé teñen algunhas cousas en común con nós. E non o digo eu: "Vamos a ir poniéndonos todos en fila india porque vamos a cascarla."
Mamá Ladilla - Absolutamente nada (do álbume Jamón Beibe)
04 agosto 2011
Fe de erros (9)
Hai xente que pensa que escribo neste blog ou fago curtas movido por algún tipo de paixón. Ben pensado sería bonito, porque tinguiría de certo romanticismo todo o feito e iso animaría ao lector ou espectador a desculpar as miñas torpezas.
Nada máis lonxe. O que primeiro turra por min é a necesidade. A cousa esa de mostrarme como son, coa esperanza de que alguén se apiade e diga: Macou éche así, un rariño, pero tampouco é tan mal tipo despois de todo. Porque ser ovella negra está ben (non renego delo), máis de cando en vez un precisa ser simplemente ovella. Non sei se me explico.
Na última noite, falando con Crunia na praia, din en pensar que será desas historias xa escritas que xamáis verán a luz. Invertín tanto tempo deixando nelas pistas sobre quén é un! E total para nada, porque acabarán no lixo ou cun formateado rápido.
Imaxino todo o que non farei, o que non chegarei a ser, e sinto vertixe. Cantaba Silvio Rodríguez: " (...) Para pretender, el mundo es largo. Para conformarse, se ha inventado el jamás."
Nestas últimas noites, qué demo, disipo "a necesidade" afundindo as miñas patas negras na area e vendo como outros chegan a onde eu non alcanzarei. Ti enténdesme.
Nestas últimas noites, qué demo, disipo "a necesidade" afundindo as miñas patas negras na area e vendo como outros chegan a onde eu non alcanzarei. Ti enténdesme.
31 diciembre 2010
Fe de Erros (8)
Abre o pano. A escena está composta unicamente por unha porta central que a divide en dous. Pola esquerda aparecen CNN+ e Telecirco falando das súas cousas. Detéñense diante da porta. Telecinco ábrea e empurra a CNN+ dentro. Coma se de Alicia atravesando o espello se tratase, aparece CNN+ á dereita, agora convertido en GranHermano 24horas.
Pódese empezar o ano cun chiste máis bizarro?
Pódese empezar o ano cun chiste máis bizarro?
28 noviembre 2009
Fe de erros (7)
Lembro cando soñaba con formar parte dunha compañía de teatro, moito antes de coñecer as delicias do cine (da montaxe) na Escola de Imaxe e Son. Entón era un actor valente. Moi bon, por certo. Capaz de actuar e dirixir a un nivel extraordinario. Vaia bosta máis gorda. Vése que con menos anos, menos apretan tamén as exixencias e máis xeneroso se é na consideración dun mesmo. Pero o mundo evoluciona cunha arritmia vertixinosa e pasa por riba de nós asoballándonos. O tempo pon a cada un no seu lugar. Carallo, é que é verdade.
Un día empezas a dubidar do teu tamaño. É un xiro doloroso, pero necesario. Aceptas que cunha boca tan pequena non pode comer un o mundo todo e tomas a decisión de falar en voz baixa. Cos pés percibindo o chan por vez primeira, avanzas a tombos nunha dirección, pregando que sexa esta a correcta. Agora pensas moito máis cada paso, se cadra porque agora tamén sintes as pedras do camiño. Crúzaste con xente que pasa voando por enriba de ti acarrexando a súa propia mentira e pisándote a testa ás veces. Extraordinarios.
Admito que soñei con dirixir películas, tamén con actuar nunha compañía. Soñei tantas parvadas que cheguei a esquecer que o que realmente necesitaba eran o cine e o teatro, non esa imaxe amorfa de min mesmo: un home-elefante que se cría Adonis.
Un día empezas a dubidar do teu tamaño. É un xiro doloroso, pero necesario. Aceptas que cunha boca tan pequena non pode comer un o mundo todo e tomas a decisión de falar en voz baixa. Cos pés percibindo o chan por vez primeira, avanzas a tombos nunha dirección, pregando que sexa esta a correcta. Agora pensas moito máis cada paso, se cadra porque agora tamén sintes as pedras do camiño. Crúzaste con xente que pasa voando por enriba de ti acarrexando a súa propia mentira e pisándote a testa ás veces. Extraordinarios.
Admito que soñei con dirixir películas, tamén con actuar nunha compañía. Soñei tantas parvadas que cheguei a esquecer que o que realmente necesitaba eran o cine e o teatro, non esa imaxe amorfa de min mesmo: un home-elefante que se cría Adonis.
27 junio 2009
Fe de Erros (6)
Adoito manter unha dura loita contra da miña predisposición a pensar a priori. Por iso cando se produxo un cambio de directiva na Televisión de Galicia (produto dun cambio de tinte político no goberno da Xunta) decidín deixar distancia e valorar coa maior neutralidade posible a sorte de A Caixa Negra*. Entre outras cousas porque traballar cada día no proxecto, prívache dunha obxectividade que por outro lado (como xa dixen) case nunca se ten. Pero a cronoloxía dos feitos está a ser bochornosa:15 de Maio de 2009 - Unha TVG aínda rexentada polo anterior goberno social-nacionalista estrea A Caixa Negra situándonos na parrilla ás 23:10h (xusto a continuación da exitosa Matalobos**).
Despois de tratar temas quentes como A Operación Nécora do narcotráfico ou O Casón, un barco que embarruncou na costa galega cunha carga perigosa e acabou estourando, chega o momento de falar de Vacas Tolas.
02 de Xuño de 2009 - Ese martes a nova directiva da televisión autonómica decide substituír o programa de vacas por unha de vaqueiros, que viva a sorna galega! Puxeron no noso lugar unha boa peli: O xinete pálido de Clint Eastwood. E aquí empeza o circo.
Do 03 ao 06 de Xuño de 2009 - Os medios de comunicación fanse eco da noticia. A sombra da censura empeza a sobrevoar San Marcos, sobre unha TVG que ten unha directiva de dous días de vida (pronto empezamos). Sucédense as mentiras dos gobernandes, as declaracións cruzadas cos gandeiros e a nosa perplexidade (despois de todo o programa non era para tanto***).
Núñez Feijoo, que durante toda a pre-campaña fachendeou de demócrata e transparente, afirma que a motivación para retira-lo programa é o profundo problema lácteo polo que atravesa o sector gandeiro. Despois engade que recibiu a chamada de gandeiros pedindo que non se emitise o programa.
Os gandeiros falan na radio e na prensa escrita e desminten as afirmacións de Feijoo, e este sae ao paso conseguindo que un sindicato gandeiro afín ao Partido Popular asine un comunicado no que se afirma que están dacordo coa retirada do programa da parrilla.
Curioso. O noso programa non falaba de leite, senón de carne. Abraiante. Os gandeiros móstranse no documenal (e así foi) como as verdadeiras vítimas dun conflito que lles estourou nas mans por unha mala xestión/información da Xunta de Fraga. Triste. Os que asinan o documento son os mesmos que na radio afirman que eles non chamaron a ninguén para pedir que non se emitise. Están dacordo coa súa retirada, pero as chamadas previas non existiron.
07 de Xuño de 2009 - A verdadeira causa da retirada do programa. As eleccións europeas.
09 de Xuño de 2009 - A directiva da televisión admite que retirou preventivamente o programa por diferenzas nos criterios informativos (manda carallo) e para non danar a imaxe dos gandeiros. Pero unha vez pasadas as eleccións xa non lles importan tanto os criterios, a imaxe ou os gandeiros e as Vacas Tolas entran en emisión. Iso si, ás 23.30h (e con 10 minutos de publicidade previamente). Un desfase de case media hora que a partir das 23h e entre semana é un cambio de horario, pódese dicir, dramático.
E non nos podemos queixar, porque o programa sobre a mala sorte no fútbol dos equipos galegos (16/06/2009) emitiuse ás doce menos cuarto.
30 de Xuño de 2009 - Volve a televisión máis rancia dos últimos tempos. Repoñen Miña sogra e máis eu**** e póñena os martes xusto antes de A Caixa Negra. Eu penso que desta si que o conseguen e matan aos poucos espectadores incautos (e vivos) que a esas horas transiten pola decadente televisión galega.
Se isto segue así acabaremos competindo con eses programas de chamadas telefónicas nos que hai que adiviñar unha palabra de catro letras, que é un animal que da leite e empeza por:
V _ _ _
___________
* A Caixa Negra é un programa documental de investigación presentado por Gonzo que aborda temas que axitaron a Galicia dalgún xeito. ** En Matalobos traballan, por certo, algúns dos nosos artistas de Aurora e tamén de Nai que non fuches. Queda polo tanto recomendada a serie. *** Podedes ver tódolos capítulos de A Caixa Negra seguindo ESTA LIGAZÓN.**** Miña sogra e máis eu é una patética serie con Ana Kiro como protagonista (mimá!)
21 febrero 2009
Fe de Erros (5)
Aldara admirando de preto a fotografía de Sara Rubio
Por mor da miña confesa incapacidade para soñar moitos dos rostros que visitan este blog, ás veces chego a esquecer que ao final, ao outro lado, haiche tamén persoas...25 agosto 2008
Fe de Erros (4)
O xeito en que a sociedade asume os cambios que se van producindo ao ser arredor ás veces está máis próximo á sabedoría do que o están algunhas disertacións de especialistas na materia. Iso pasa, na miña opinión, coa lingua na nosa terra.
Eu amo os nosos idiomas, porque me achegan aos meus semellantes (incluso aos que non están ou aos que non chegei a coñecer porque finaron moito antes de que meus propios pais nacesen) e porque estou convencido de que o mundo é máis rico coa sua existencia.
Pero a imposición é contraproducente e as trabas á súa utilización (con tanto continuo cambio) un grave erro. A solución non é doada, admítoo, mais hai dous días, paseando por Coruña cerca do Millenium, atopei un berro feito pintada ao que me adscribo:

A evolución natural non debería ser provocada, non?
Eu amo os nosos idiomas, porque me achegan aos meus semellantes (incluso aos que non están ou aos que non chegei a coñecer porque finaron moito antes de que meus propios pais nacesen) e porque estou convencido de que o mundo é máis rico coa sua existencia.
Pero a imposición é contraproducente e as trabas á súa utilización (con tanto continuo cambio) un grave erro. A solución non é doada, admítoo, mais hai dous días, paseando por Coruña cerca do Millenium, atopei un berro feito pintada ao que me adscribo:

A evolución natural non debería ser provocada, non?
30 julio 2008
Fe de Erros (3)
O amigo Ortiga fixo na entrada A, B) e C) un comentario sobre a música que me gusta escoitar que me fixo lembra-la necesidade de anunciarvos unha cousa: Sabedes que fago un par de horas de radio en #golfyradio (do IRC-Hispano). Pois ben, debido a que en A Casa da Luz traballo de noites, tiven que me coller unhas vacacións anticipadas ate Setembro-Outubro. Xa vos avisarei cando volva a emitir.
10 enero 2005
Fe de erros (2)
Pensa con soberbia o lobo que se agocha a lúa tra-las nubes, aterrada polo seu oubear.
18 octubre 2004
Fe de Erros
Haiche dous tipos de nó de estómago: os que aniñan na conciencia e os que oprimen o miocardio. Ningún deles sabe de dixestivo e, con toda seguridade, ningún viu un estómago nin de lonxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









