21 septiembre 2012

Un conto sen conto

Os nenos róubanche o corazón... e o tempo. Ves cara atrás e levas un ano sen escribir. Pero para compensar, os momentos creativos multiplícanse exponencialmente cando tes que inventar un "conto sen conto" durante a merenda, ou atopando unha solución a catástrofes naturais do tipo "hai un moutro na habitación". Pois si. Así é a miña vida ultimamente:

Un, dous, tres.
Érase unha vez...
Verde, azul, marrón.
Dous patos, un león.
Hai que compartir.
Non sei quen empezou.
O debuxo é para min?
Pipí no pantalón.
Que é? Por que?
Pídello aos Reis.
Fai caso a mamá.
Quérovos. Ata mañá!

2 comentarios:

Crunia dijo...

Isto soame, ainda que unha non é tan imaxinativa. Aínda que podo facer un esforzo e imaxinar un día de 30 horas.
Bicos mil!!!

Manuel Macou dijo...

O número de horas do día non é o problema. A proporción das horas invertidas nos nosos fillos é a verdadeira cuestión.

Bicos!