13 diciembre 2012

Estrelas Waris para combater o Nadal

Nunha casa con nenos practicamente o Nadal empeza cando remata o verán. Xa entón teñen o albarán cheo de peticións e empezan a desesperar coa "inminente" entrega de regalos.

En datas adobadas con tanta fraternidade desmedida e verdadeiro falso amor desproporcionado, penso que é xusto compartir un antídoto efectivo: as estrelas frikis para a árbore.

O ano pasado a experiencia foi tan boa que este ano comparto con vós esta sabedoría ancestral transformada en modelos para imprimir e recortar. Que o pasedes coma nenos!

DESCARGA OS OITO MODELOS PREMENDO AQUÍ

DIFICULTADE: ★★☆☆    PACIENCIA: ★★★★
TEMPO: ★★★★☆     FRIKISMO

Así quedaron o ano pasado
MATERIAL NECESARIO: Papel, impresora, tixeiras, cúter e táboa de madeira/plástica.

COMO FACELO: Unha vez descargado o arquivo, descomprimímolo (veñen catro imaxes nun arquivo .zip) e pasámolo a papel. Recortamos o círculo (van dous por folio) e pregamos polas liñas ata deixar un so "queixiño". Procedemos coa corta de detalles.

CONSELLOS VARIADOS:
1) Á hora de imprimir non sexades roñosos e imprimide en calidade normal (como mínimo) porque en calidade borrador (que vos coñezo peixes) pode ser que non se vexa demasiado.
2) En canto ao tipo de papel, canto máis fino, mellor é de pregar e cortar.
3) Empezade a recortar os detalles interiores (co cúter) para que a vosa estrela non perda consistencia antes de tempo. Xa que logo, deixaremos para o último os bordes (e algúns poden ir cortados a tixeira sen problema).
4) Traballade nun sitio con boa luz.

2 comentarios:

Crunia dijo...

O ano pasado a desgana fixo mella e non tomei a molestia pero diste ano non pasa que me poña a facer estrelas coa miña estrela cativa, a ver se consigo que faga algo en caladiño.
Xa que estamos na epoca da fraternidade esaxerada mandoche uns agarimosos bicos e apertas a repartir coas tuas estrelas, grandes e cativas.

Manuel Macou dijo...

A fraternidade desmedida dáse soamente nos "falsos amigos". Ti estás no grupo de "amigos e familia", e estás obrigada a quererme un montón de xeito natural XDDDDD.

Bicos tamén para o teu bichiño. Non sei se vai dar feito as estrelas el... Que non che é doado. Xa me contarás. Eu fixen todas!!!! (Teño que subir foto para que non se me chame trampón).