________
P.S. Hai uns días recibín un e-mail dun gran mestre e mellor amigo, que me confirmou como os desexos cúmprense máis veces das que pensamos. Graciñas Arturo. Por todo.

Portada dun traballo que fixen en 8º de EXB

Un circo é unha familia. O lanzador de coitelos traballa coa súa muller. Diana é preciosa. Cando el a ata sobre a area circular, noites de caravana pasan pola súa cabeza. Ela olla cara arriba, a boca aberta da carpa. Polo burato entra un aire fresco que se mestura co abafante alento dos espectadores. Ela fala silenciosa cun deus no que non cre, mais os seus beizos soamente tremen. Recorda. O día de montaxe os artistas descansan. Ela desaparece unhas horas e, preciosa, comparte co mago os caprichos do seu corpo. Unha truca. O seu home, na cociña, deixa a pedra de afiar sobre a mesa. Apreta as mans. Redobre de tambor. O público agarda coa respiración contida. Cos ollos vendados o lanzador acariña o filo metálico dos coitelos. Lanza o primeiro e o aire zoa. Pam. Os outros coitelos caen da súa man e chegan ao chan moito antes de que un berro común inunde o espazo. Coa mirada aínda no ceo ela xa non prega. O lanzador de coitelos tira a venda dos ollos. Diana. O vestido dela muda de cor á altura do corazón. Non é un asasinato, non, pensa. Soamente un accidente laboral. Que chiste tan malo. Os paiasos, detrás do telón, reteñen ao mago que esnaquiza o seu sombreiro de copa. Fin do espectáculo. O lanzador, chorando, corre a desatar a esa preciosidade. A súa muller. E ela... ela ascende cara a boca da carpa, buscando aire fresco.
A ilusión é a única capaz de abater esas ideas nas que un se ve moi, moi pequeno. Ideas que teorizan con non poder acadar o teu soño se naceches nun pobo; que maliciosamente insinúan que un non é ninguén e que polo tanto nada se pode facer; que xogan a compararse con outros que chegaron antes á mesma meta.
Teño a necesidade de saír deste dique seco.
Adoito manter unha dura loita contra da miña predisposición a pensar a priori. Por iso cando se produxo un cambio de directiva na Televisión de Galicia (produto dun cambio de tinte político no goberno da Xunta) decidín deixar distancia e valorar coa maior neutralidade posible a sorte de A Caixa Negra*. Entre outras cousas porque traballar cada día no proxecto, prívache dunha obxectividade que por outro lado (como xa dixen) case nunca se ten. Pero a cronoloxía dos feitos está a ser bochornosa:
Tema: No teatro (Instrumental) * Compositor: Rodrigo Guerrero * Intérprete: Il Prólogo

A idea de compartir a evolución de Aurora adiviñábase mais atractiva (para o que le) durante a fase de preprodución. A propia incertidume da realización da curta é (cruelmente) atraínte en si mesma.
acompañamento no violín de Ana). Esa fin de semana improvisamos en Cangas unha sala insonorizada con dúas mantas e unha escaleira. Lembroume ao que Pablo e Juan Fixeron para a terceira das nosas curtas: Nai que non fuches. O resultado foi mellor entón, pero pasámolo de medo e liamos a toda a familia para face-lo ganso. Foi realmente divertido.