Non nos espetamos contra unha gran parrafada inicial destinada ao lector, coa fin de contextualizar o espazo e o tempo. E iso encántame. A orde dese novo mundo, o xeito de convivir as moitas especies que o poboan (as opinións que teñen unhas doutras...), as relacións político-militares, dedúcense a medida que cotilleamos nos diarios que tecen a novela. Obriga a unha lectura activa e, señores, como gusto diso!
Se cadra, o único punto na contra é o de contar cunha gran cantidade de personaxes e localizacións interrelacionados. Cousa que dificulta por momentos a tarefa de ubicalos dentro dunha historia que, como dixen, se nos mostra en fraccións a través de diarios.
Subir Las Montañas del Olvido non foi un camiño doado para min (houben de sortear os obstáculos da miña visión dobre). E, así a todo, foi un placer ler. Mérito da novela, como non.
Para amantes das escaramuzas militares, da Natureza, da Filosofía e da boa Literatura en xeral.
Como di o cabrón de Kalmarsiam: "La vida puede ser corta o larga, pero siempre, si uno pone todo su empeño, tenemos un tiempo para aprender de los errores, otro para añorar la venganza y finalmente un momento para actuar y calmar el alma." Graciñas por calmar a túa escribindo.

![]() |
Fotograma da nosa curtametraxe Aurora, cos tres referentes literarios do protagonista: Bob, Suso e Juan |