Éncheme de orgullo e satisfacción... Tranquilos, non me carguei ningún elefante.
A nosa Aurora foi seleccionada para competir no festival galego de curtas por excelencia, o IX Festival de Cans (Porriño). Se asistides á inauguración do festival (23 de maio -non se precisa entrada-) ou á proxección (26 de maio -con entrada-) por aló andaremos.
Ademáis estamos con Aurora a concurso no Festival Angelika Cinema Lounge (Madrid).
A presentación da curta correrá a cargo de Alber Ponte, e aquí dan premio do público asistente. Así que se andades desocupados por Madrid o día 16 de maio ás 21h, non vos cortedes e asistide para votarnos (aínda que a curta non vos guste un carallo). Necesitamos pelas para facer outra carallada audiovisual e non podo saquear novamente á miña muller (que non me deixa nin sacar o tema). Non vos cortedes e pasade a información aos vosos contactos, seguro que algún vive en Madrid.
Graciñas aos que co voso esforzo, traballo e comprensión axudáchedes a que hoxe sexa un home feliz.
10 mayo 2012
Manuel de Bueu, que fai curtas
04 mayo 2012
F de FRAUDE

Amólanme as identidades fraudulentas:
Os falsos modestos, autoconscentes da súa valía, ávidos predadores de eloxios que regalen os seus oídos.
Tamén os comerciantes de fume, tan comúns como miserentos e mediocres; agochando sen pudor no seu curriculum fedorentas mentiras: "director, guionista, realizador e montador". Ha!
Amólanme todos eles... e os que lles dan corda. Fágome vello.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)