DIA: Xoves, 15 de novembro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Salón Teatro (Santiago de Compostela)
HORA: 18.00 h
LUGAR: Salón Teatro (Santiago de Compostela)
MÁIS INFORMACIÓN: Préme aquí
Quen nolo diría a principios de xuño. Foi entón cando tivemos as primeiras tomas de contacto e, teño que recoñecelo, antes incluso de ver as imaxes, soubo Paco atraparme contándome a historia dos CoraSons e a solución visual que quería darlle:
![]() |
Páxina de facebook causante de todo este lío |
O que viría despois, penso que soamente é comprensible vendo o documental. Concertos en Galicia e Portugal e ata 40 músicos (e non músicos) implicados. Artistas do calado de Uxía (voz e alma mater do proxecto), Carlos Blanco (actor e condutor nos concertos), Magín Blanco (compositor dun bo número de temas), Budiño, António Zambujo, Couple Coffee, João Afonso,... Pero tamén arquitectos facendo a percusión, carpinteiros que son compositores, actores que ademáis son cantantes, e ate cardioloxistas (fermosa coincidencia, non?) poñendo voz a cancións sobre o corazón.
Tan especial como soa.
![]() |
Fotograma do teaser con Tatán R. Cunha e Xoán Curiel |
Conseguido? Penso que si. Pero haberá que agardar pola resposta do público.
Quédame pena por temazos como o "Desafinado" dos "Couple Coffee", ou o momentazo do gran Quico Cadaval no concerto do Maus Hábitos (Porto), que ao fin quedaron fóra da versión definitiva, pero penso que temos un documental cálido e emotivo. Espero que poidades velo en Cineuropa (xa me contaredes) e espero poder presentalo en Bueu proximamente.
![]() |
Fotograma da película cos agradecementos |