18 octubre 2016
Fe de Erros (19) / O politicamente incorrecto

27 febrero 2016
Zombis a esgalla
Zombis no meu Peto (Zombie in my Pocket -ZimP-) é o exitoso xogo gratuito de Jeremiah Lee. En principio está deseñado a modo de solitario (aínda que hai Escenarios especiais que permiten xogar a dous). E o mellor de todo é que só tes que imprimilo e... ¡listo!
Duración de cada partida: entre 5 e 20 minutos.
Pero entón, ¿que podemos aportar para lanzármonos neste 2016 a facer una reedición do xogo?
Duración de cada partida: entre 5 e 20 minutos.
Pero entón, ¿que podemos aportar para lanzármonos neste 2016 a facer una reedición do xogo?
- Novo deseño da portada.
- Novo deseño e contido das Cartas de Evento:
- Novos textos adaptados para que resulte máis doado xogar a outros Escenarios.
- Novo deseño das Fichas:
- Novas iconas.
- Novas fichas: Cerebros para contabilizar a Cordura; unha Pá necesaria nun dos Escenarios.
- Novas traseiras que permiten facer fichas dobres (Personaxe Humano/Zombi; Caixas de Subministros e Alimentos)
- Revisión e adaptación de tódalas traduccións ao castelán para esta versión (inclúe o Manual Básico e mailos 5 Libros de Escenarios)
- Un escenario inédito no Libro de Escenarios III por Manuel Macou (A Noite da Vingaza Zombi).
Créditos:
Deseñador do xogo: Jeremiah Lee (dadidea@gmail.com)
Deseño gráfico e maquetación orixinal: Kwanchai Moriya (kwanchaimoriya@gmail.com)
Deseño desta edición: Teatro Scaenae (muldr.silencio@gmail.com)
Tradución orixinal do Manual: Fran F. G. (http://tetocajugar.blogspot.com)
Tradución orixinal de cartas e losetas: mrKaf (http://www.boargamegeek.com/user/mrkaf)
Revisión das traducións: MulDR de Melk (muldr.flanagan@gmail.com)
Material extra: Eduardo Hernández (http://www.casadeedu.com).

22 febrero 2016
Fe de Erros (18) / Arre-Só
Tres hurras polos políticos que defenden con orgullo, indignación e vergoña a incuestionable inocencia da súa propia formación política podre de corrupción. Arre burra! Sóóó burra! Arre-sóóó! Non che mandan? Es ben burra, carallo!!
10 enero 2016
Rol para nenos
Ultimamente recuperei o gusto polo rol da man dos meus pequenos. Todo empezou coa lectura de Magissa, Juego de Rol para niños, creado por Edanna.

Con esta premisa, decidinme a adaptar este sistema a unha ambientación que lles fose familiar aos meus pequenos: os debuxos animados. Centreime concretamente en Bob Esponja e o seu Fondo de Bikini.
O resultado teño que dicir que foi do máis satisfactorio. Xa levamos dúas partidas e todo apunta a que caerán moitas máis.
Un sistema de xogo moi intuitivo que permite combinar con gran facilidade as partes narrativas con aquelas outras de acción pura e dura con dados. E todo isto sen que os nenos teñan que saber ecuacións de segundo grao para logralo. Se saben os números do 1 ao 6, saben xogar a Magissa.

O resultado teño que dicir que foi do máis satisfactorio. Xa levamos dúas partidas e todo apunta a que caerán moitas máis.
Comparto con vós o Manual Básico do Absurdo e Refrescante Xogo de Rol e agardo que, grazas a el, poidades introducir aos vosos cativos no fantástico mundo do rol. Calquera comentario será ben recibido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)