

FALLEN ART
FELICIDADES ABI
Na súa reflexión sobor da dictadura franquista, elixiu Deleitosa, un pequeno pobo de Cáceres de pouco máis de 2000 habitantes. Desta estancia xurdiu a reportaxe "Spanish Village, 1950" publicada na revista Life. Nela apreciamo-las secuelas da Guerra Civil, e todo o que supuxo esa época de fascismo, terror, represión, miseria e fame.
Nestas fotos pódese aprecia-lo seu xeito de traballar. Non tiña moito que ver coa inmediatez das nosas cámaras dixitais. Eugene Smith facía unha análise, investigaba e amosaba a súa opinión sobre o tema que viña de escoller.

Secuencia de Dalí da película Recuerda
Onte foi un bo día. Conseguín por fin animar aos nosos personaxes para que entrasen no coche. Estaban atenazados polo medo. Finalmente puiden facerlles ver que soamente avanzando poderían vivir situacións que, esperemos, vos resulten emocionantes e divertidas. E entraron no xogo. Fixeron un bo traballo, a verdade. Estou moi contento con eles. E alédome dobremente da súa decisión, porque as molestias gástricas xa apareceran a principios de semana, e iso soamente significaba unha cousa: algo non marchaba como eu quería.
Fotografía dos emigrantes de Manuel Ferrol
Supoño que este cambio de imaxe no noso blog debería ser xustificado. Cando, un mes atrás, me propuxen resucita-lo blog tiña en mente dúas melloras. Unha sen moita importancia: a estética; e outra que me levaba rondando un pouco máis de tempo: a idiomática. Pois xa está feito.
O certo é que dispor un blog bilingüe permíteme, dunha banda, escribir tal e como se me presentan as ideas, sen ter que facer incómodas adaptacións "polo camiño"e ao mesmo tempo ser entendido por todos aqueles que, de xeito casual ou intencionado (habelos hailos -o caso é dar con eles-) acaban neste noso recuncho.
Dito isto, queda aínda unha cuestión por contestar: Para cando a posibilidade de elixi-lo idioma galego no Blogger? Señor Blogger, póñase as pilas ou acabaremos emigrando (que polo visto é o noso).
Barton Fink fronte á muller da praia
Agobio, agobio. Agora mesmo entendo perfectamente a Barton Fink (Joel Coen, 1991). Claro que polo menos el xa escribira e dirixira para Broadway unha exitosa obra de teatro. Pero aí está. O bloqueo. Bloqueo. Bloqueo.O PREMIO DA RUBIA
O certo é que non teño nin idea de canto durará esta nova obra. Pero o feito é que aquí estamos (que non é pouco).
Tiven a ocasión (a sorte) de asistir en A Coruña a un seminario organizado polo CGAI baixo o título: "INLAND EMPIRE. Propostas desde o labirinto".
Ao longo da triloxía, Lynch fálanos insistentemente do preto que están ao proceso fílmico as mafias e a prostitución. E se cadra, fálanos tamén da súa propia prostitución como cineasta (como artista) e das súas pantasmas. Pouco e pouco, case sen decatarse, Lynch foise pechando en si mesmo, ate chegar a INLAND EMPIRE, onde toda a narración sona a desesperada chamada de auxilio.
Pero así son os xenios. Anos máis tarde, e cunha proposta arriscada e efectiva, Lynch volve a agasallarnos con outro poema visual: INLAND EMPIRE. Recoméndovola con especial énfase e ao tempo advírtovos que non hai nela nada eventual (nin os desenfoques, nin os movementos “sucios” de cámara,... nada).E por fin, a luz. Despois de varios meses de tebras que anunciaban a fin da curtametraxe española (e de paso do curtametraxista), finalmente a irmá pequena da longametraxe foi readmitida no firmamento cinematográfico patrio.
E agora que a Academia deu un paso atrás e posto que, por unha vez, retroceder ten connotacións positivas, penso que é oportuno falar de alguén como Alber Ponte.
fotograma de Pernambuco, unha das súas curtas
Con case 40 curtametraxes (se é que neste mesmo intre non está rodando xa a número 41) é o curtametraxista máis prolífico do noso país e, segundo o que din, o terceiro (no que ao Guiness se refire) por detrás dun finlandés e un islandés. Pero eu descoñecía todos estos datos cando, nunha calurosa mañá de maio, asomóu pola porta da nosa cabina de montaxe.
Un tío enorme tipo Shrek (pero sen as orelliñas en forma de cono), pelo cano, gafas de sol e unha voz profunda seguiron ao xemir das bisagras ao abrirse a porta. A sala ficou en silencio. E por un instante puidemos observalo en toda a súa inmensidade. Entón, Alber falou. E se cadra non é literal o que vou relatar, máis a situación foi algo semellante ao que sigue:
- Mmm... Ola - Novo silencio. - Se cadra agardábades algo máis profundo - dixo sorrindo (lembro iso perfectamente). Pechou a porta para volver a abrila, un segundo máis tarde e, con certa sobreactuación, citar a algún filósofo (ou sería un director de cine), ou simplemente inventar algo como: Deixemos aos que teñen envexa a tarefa de proferir calumnias e aos necios a de contestalas*.
E así é Alber: directo, impredecible e (agora podo decilo) amigo dos seus amigos.
Dende aquel venturoso mes de maio tiven a sorte de camiñar xunto a el en varios proxectos (entre os que destaco con gran afecto o primero deles: “Rosita e Jacinto”) e comprobei que dispón dunha enerxía sobrehumana que lle permite parir sen descanso historias... e o que é máis difícil, levalas a bo porto.
Envéxolle a capacidade de non namorarse, de non amar unha curta súa ata o punto de esquecer por unhas semanas (durante unhas horas) que necesita facer outra e outra.
Pero así é Alber, vai camiño das 40 curtametraxes (xa digo que igual a cifra está desfasada a estas horas) e segue crendo nun formato que ata hai unhas semanas era prescindible para a nosa Academia.
Alguén estará a preguntarse iso que tantas veces a el mesmo lle plantexaron: Despois de tanta curta... Para cando outra longametraxe? Quen sabe. Poida que non teñamos que agardar moito...
Déixovos como agasallo o trailer do último proxecto que compartimos:
OS TESOUROS DE CARACONA
____________________
* esta cita é propiedade de Luis Dupaty