Agora que pasou unha semaniña dende que colguei o trailer de Aurora, pódovos contar tres curiosidades respecto deste:
O SON
O clarinete que soa ao principio, sobre o crédito "unha produción Teatro Scaenae", é o clarinete de Elena Bangueses. Cabe a posibilidade de que así dea comezo tamén a curta.
A IMAXE
Ao final do plano da rúa (por detrás de Camila Bossa) aparece María levando no carriño a Aldara.
O TEXTO
A frase: "Isto é unha merda, non comprendo nada" que di no plano final Mª Ángeles Prieto, dixéronma a min hai algúns anos (non tantos). Foi a primeira crítica que recibín dun guión de curtametraxe. Está aí para lembrarme o duro que é dar cada paso (porque o certo é que te expós en cada cousa que amosas) e tamén como guiño a Martin (que durante os nosos anos de traballo en Baía Fracaso fartouse de repetirma).
31 mayo 2009
18 mayo 2009
Tregua
Luns 18 de maio
Veño de recibir unha mensaxe no meu celular. É Mari. Dime algo realmente feo. Di que a poesía chora versos. Di que a prosa sangra silencios. Di que Benedetti pediu unha tregua.
Meu deus. Meu deus. Meu deus. Meu deus. Meu deus. Meu deus.

16 mayo 2009
Aurora (Trailer)
Ás veces a Historia escrita con letra pequena, agocha vidas como a de Aurora. Pronto poderemos compartila:
AURORA TRAILER
IMPORTANTE: Recordade que podedes ve-lo trailer con toda a calidade premendo no botón HQ no reproductor do YouTube
29 abril 2009
Zapatos novos
Coa excitación dun neno con zapatos novos, agora que podo compartir arquivos sonoros, déixovos esta pequena peza. Entre risas, hai xa algúns meses, fixemos en Atalaia (Cangas) esta versión do "Amiga, namorado vou" de Amancio Prada (entre outras tolemias).
Clarinete: Elena Bangueses * Violín: Ana Bangueses
Clarinete: Elena Bangueses * Violín: Ana Bangueses
18 abril 2009
Cuestións (7)
[Nota mental: Resístome a aceptar que hoxe é día 18...]
Hai xa varias de semanas que quero compartir a inmesa Banda Sonora que creou Rodrigo Guerrero coa axuda de Il Prologo: Salvador (clarinete), Raúl e Annalisa (violíns), David (viola) e Eva María (violoncello).
Tema: No teatro (Instrumental) * Compositor: Rodrigo Guerrero * Intérprete: Il Prólogo
Aquí vos deixo un dos temas que sonarán en Aurora. Escollín esta peza polas dificultades que tiveron na gravación e o magnífico resultado final (pese a todo).
E é que construímo-la casa polo tellado. Forzamos a Rodrigo a que adaptase o tempo da súa composición ao "anárquico" tempo da rodaxe (cando deberiamos ter definido o fragmento musical previamente e rodar despois con referencia del). Graciñas polo esforzo. A vosa (nosa) música fará moito máis grande unha curta tan pequena.
[Nota mental: Confirmado. Hoxe é día 18. Queda tanto por facer...
Mellor non pensar. Láiome lembrando aquela canción que di:
"¿Quién me ha robado el mes de Abril?"]
Mellor non pensar. Láiome lembrando aquela canción que di:
"¿Quién me ha robado el mes de Abril?"]
--------------------------
P.S. Desculpas polo mal funcionamento do reprodutor pero era por mor do servidor gratuíto de Microsoft onde tiña aloxado o arquivo de audio. Agora estou utilizando o Dropbox. Espero que o problema quedase resolto.

29 marzo 2009
A vergoña De la Iglesia
O pasado xoves 26, asistiu ao programa de Buenafuente o director Alex de la Iglesia. Non me gustaría converter este blog nun espazo de crítica televisiva (estou certo de que existen mil). Pero durante a entrevista sucedeu algo que me incomodou bastante e necesito compartilo.

Os previos: De la Iglesia asistiu ao latenight show de La Sexta para falar do seu libro (en realidade unha reedición dun antigo libro que non vexo necesario promocionar dende este noso recuncho). Nun momento da entrevista, Buenafuente propuxo ao seu convidado un proxecto un tanto esperpéntico que incluía: realización de curtamentraxe en 3 semanas, con guión máis ou menos xerado alí mesmo no plató e totalmente producido polo conductor do programa.
A reacción: O director de películas prescindibles como a última estrenada "Os crimes de Oxford" mostrouse fondamente ofendido. Pero non pola falta de seriedade da proposta, senón porque en palabras súas (lea o seguinte con desdén): "Yo no hago cortos, Buenafuente". Cousa que repetiu bastantes veces. Finalmente accedeu a facelo sempre e cando se lle chamara "peza audiovisual alternativa" e non curtametraxe.
Libre asociación de ideas: A) Resonaron na miña mente aquelas protestas de hai un ano, cando estivemos a piques de ver como se retiraban as curtametraxes da entrega dos premios da Academia (por falta de interese televisivo -manda carallo-). B) Tamén viñeron a min imaxes de políticos indignados pedindo que se lle chamase "doutro xeito" ao matrimonio entre homosexuais (a min resúltame máis urxente cambiar unha das definicións de "galego" que, para os de Costa Rica, segue a significar "tonto"). C) Decepcióname comprobar que se avergoña das curtas alguén que gracias a "Mirindas asesinas" chegou a realizar "Acción mutante" ou "O Día da Besta" (posiblemente os seus filmes máis interesantes).
O suposto: Como xa dixen algunha outra vez, intentar desprestixiar ás curtametraxes (máis por parte quen escribiu e dirixiu curtas) é tan absurdo coma un hipotético caso no que Suso de Toro renegase de "Caixón desastre", Roald Dahl de "Relatos do inesperado", ou o mesmo Cervantes da cantidade de relatos curtos que escribiu, despois de ter publicado "Non volvas", "As bruxas" ou "O Quixote" (respetivamente).
__________________
Nota: Tódalas obras literarias aquí mencionadas son altamente recomendables

Escrito por
Manuel Macou
Temáticas:
Artigos,
Cine,
Críticas,
Curtametraxes,
Ilustración,
Literatura,
Televisión
09 marzo 2009
Autorretretetour á galega
O pasado venres e (seguramente) mentres Rodrigo Guerrero durmía a noite antes da gravación da Banda Sonora de Aurora, eu rompía os meus case catro anos de voluntario confinamento (omitindo varias fugas ao cine que non contan) para ir de concerto. Os Mamá Ladilla, dentro do seu Autorretretetour, pasaron por Coruña. Bendita ocasión para acabar cunha promesa de clausura, por estúpida que esta sexa.
Moita culpa ten o señor DeSoto que me chamou, se cadra movido polo mesmo sentimento que fixo que eu aceptase: a nostalxia. Atrás quedaron aqueles días laborais no Polígamo de Pocomaco baixo a amenaza dun centenar de bombonas de butano a piques de estourar, o son coral de varias radiais e o monográfico musical a cargo dos Ladilla na cabina de montaxe (tan só interferido por algunha banda sonora de Morricone, Zimmer e algunha que outra conversa cinéfila).
A dúas ou tres xeneracións conseguiron facer saltar os Mamá Ladilla durante unhas horas. Foi un bo concerto, como lle dixen á saída a Martin, pese a (ou gacias a) o nefasto son da Sala Mardigras. Poida que se botase en falta algún tema como Acoso sexual e tamén a uns Mamá Ladilla un pouco máis irreverentes, pero se cadra é certo que os anos non pasan en balde.
Resumindo, que parezo galego: pagou a pena pecar.
21 febrero 2009
Fe de Erros (5)
Aldara admirando de preto a fotografía de Sara Rubio
Por mor da miña confesa incapacidade para soñar moitos dos rostros que visitan este blog, ás veces chego a esquecer que ao final, ao outro lado, haiche tamén persoas...19 febrero 2009
Melodía para un silencio
Case non podo crer que 120 días (semella unha condena) nos separen da publicación da foto de equipo de Aurora. Está claro que a postprodución manexa outros tempos. Empecei a decatarme do paso dos días cando, a semana pasada, o meu padriño me tirou das ourellas pedindo información da curta. Despois virían as queixas de Martin e algunha outra anónima.
A idea de compartir a evolución de Aurora adiviñábase mais atractiva (para o que le) durante a fase de preprodución. A propia incertidume da realización da curta é (cruelmente) atraínte en si mesma.
A rodaxe posiblemente daría tamén moito de que falar, pero teño certa prudencia (respecto) á hora de xulgar o acontecido neses días porque, por unha banda, todo vai vertixinosamente rápido e pola outra, o que dirixe é o que menos se entera do que en realidade está a pasar. En canto a min, podo dicir que polas noites preguntábame quen carallo me mandaba meterme nestes líos (gracias María por prestarme as túas orellas), mentres polo día loitaba inutilmente por aparentar tranquilo e manter na miña cabeza unha idea suficientemente clara de Aurora, sen deixarme arroiar pola falta de tempo e as tensións propias dunha fin de semana de traballo duro. Nese sentido agradezo profundamente a axuda e comprensión de todo o equipo. Aprendín tanto desta rodaxe...
Durante a fase de montaxe (que ocupou os últimos meses) martiricei a varias persoas co visionado de Aurora. E digo martiricei, porque non hai crueldade maior que mostrar a alguén un producto sen acabar e cheo de desaxustes. Privalo dese primeiro (e tan importante) visionado. Pido desculpas, claro, pero é un proceso necesario. Agradezo cada un dos comentarios/críticas ao igual que o agradecerán aqueles que cheguen a ver Aurora cando sexa un algo completo e, agardemos, un algo redondo.
O traballo do fondo sonoro de Aurora (ademáis do que Plof está realizando pola súa conta) iniciou coa gravación duns ensaios de clarinete con Elena (con
acompañamento no violín de Ana). Esa fin de semana improvisamos en Cangas unha sala insonorizada con dúas mantas e unha escaleira. Lembroume ao que Pablo e Juan Fixeron para a terceira das nosas curtas: Nai que non fuches. O resultado foi mellor entón, pero pasámolo de medo e liamos a toda a familia para face-lo ganso. Foi realmente divertido.
A incorporación de Rodrigo Guerrero (compositor) hai un par de semanas, supón para mín e para Aurora (por descontado) una apertura. Rodrigo devolveume ao punto de partida e, gracias á súa música, volvín a visitar cunha mirada máis cargada de sentido (de sentimento) cada un dos espazos que tantas veces percorrín durante a montaxe. O seu traballo xoga coa melodía (tamén coa súa ausencia) de xeito que agora, esos silencios que xa estaban en Aurora pasaron a formar parte tamén da Banda Sonora. Máxico. Así é o traballo de Rodrigo.
Teño tantas ganas/medo de amosar a Aurora... Xa quedou máis.
_______
Foto1: Rodaxe de Aurora (coche de Fe) / Foto2: Gravación do off para Nai que non fuches (Luis Iglesia)
A idea de compartir a evolución de Aurora adiviñábase mais atractiva (para o que le) durante a fase de preprodución. A propia incertidume da realización da curta é (cruelmente) atraínte en si mesma.A rodaxe posiblemente daría tamén moito de que falar, pero teño certa prudencia (respecto) á hora de xulgar o acontecido neses días porque, por unha banda, todo vai vertixinosamente rápido e pola outra, o que dirixe é o que menos se entera do que en realidade está a pasar. En canto a min, podo dicir que polas noites preguntábame quen carallo me mandaba meterme nestes líos (gracias María por prestarme as túas orellas), mentres polo día loitaba inutilmente por aparentar tranquilo e manter na miña cabeza unha idea suficientemente clara de Aurora, sen deixarme arroiar pola falta de tempo e as tensións propias dunha fin de semana de traballo duro. Nese sentido agradezo profundamente a axuda e comprensión de todo o equipo. Aprendín tanto desta rodaxe...
Durante a fase de montaxe (que ocupou os últimos meses) martiricei a varias persoas co visionado de Aurora. E digo martiricei, porque non hai crueldade maior que mostrar a alguén un producto sen acabar e cheo de desaxustes. Privalo dese primeiro (e tan importante) visionado. Pido desculpas, claro, pero é un proceso necesario. Agradezo cada un dos comentarios/críticas ao igual que o agradecerán aqueles que cheguen a ver Aurora cando sexa un algo completo e, agardemos, un algo redondo.
O traballo do fondo sonoro de Aurora (ademáis do que Plof está realizando pola súa conta) iniciou coa gravación duns ensaios de clarinete con Elena (con
acompañamento no violín de Ana). Esa fin de semana improvisamos en Cangas unha sala insonorizada con dúas mantas e unha escaleira. Lembroume ao que Pablo e Juan Fixeron para a terceira das nosas curtas: Nai que non fuches. O resultado foi mellor entón, pero pasámolo de medo e liamos a toda a familia para face-lo ganso. Foi realmente divertido.A incorporación de Rodrigo Guerrero (compositor) hai un par de semanas, supón para mín e para Aurora (por descontado) una apertura. Rodrigo devolveume ao punto de partida e, gracias á súa música, volvín a visitar cunha mirada máis cargada de sentido (de sentimento) cada un dos espazos que tantas veces percorrín durante a montaxe. O seu traballo xoga coa melodía (tamén coa súa ausencia) de xeito que agora, esos silencios que xa estaban en Aurora pasaron a formar parte tamén da Banda Sonora. Máxico. Así é o traballo de Rodrigo.
Teño tantas ganas/medo de amosar a Aurora... Xa quedou máis.
_______
Foto1: Rodaxe de Aurora (coche de Fe) / Foto2: Gravación do off para Nai que non fuches (Luis Iglesia)
10 febrero 2009
A insistencia de Aldara
É realmente máxico o xeito en que os nenos aceptan as dificultades da vida. En que intre nos volvemos temerosos? Vexo como Aldara loita por permanecer en equilibrio e a boca quédame aberta cando cae unha e outra vez e unha e outra vez insiste... e cae. E insiste.
Ser testán ten a súas recompensas. Agora que repaso o vivido (non moito -que tampouco son un vello-) decátome da inmensa verdade que conteñen esas palabras. Todo o que logrei (dende o máis pequeno ao máis importante) foi por pura e dura insistencia.
Gracias Aldara por lembrar a papá que os límites poñémolos nós. Intentarei non esquecelo mañán, pero por se as moscas: Segue con ese espírito bravú.

300 GOLPES
05 enero 2009
Changeling e os poderes do tempo
Atribúense ao tempo algunhas propiedades, digamos máxicas. Estou a pensar en "O tempo cura tódalas feridas" ou en "O tempo pon a cada un no seu lugar". A historia de Clint Eastwood é sen dúbida unha desas loitas contra o reloxo.
Durante unha gran parte da súa carreira, Eastwood foi incomprendido ou directamente infravalorado. Eu penso que esta inercia negativa débese á sinxeleza coa que actúa e dirixe (se un non é Baz Luhrmann ou Darren Aronofsky -que tamén me gustan- semella que un non fai bo cine). Ten o seu aquel ver como se cotizan agora películas como “Il buono, il brutto, il cattivo” ou incluso “Dirty Harry ”, no seu momento tratados como filmes menores.
Agradécese cando o tempo fai o esforzo de acabar logo o traballo. Porque non hai premio máis baleiro que o recoñecemento póstumo. De nada serve ao que xa non está e de case nada ao que queda.
Clint Eastwood non deixou de medrar. Mentres outros grandes perden forza (dá mágoa ver en que se está a converter o cine do bo de Woody Allen), Eastwood camiña con paso decidido gracias* a un cine feito en maiúsculas e con humildade, con entidade propia.
Por certo, que xa estou pendente da estrea de Gran Torino. Outra de Eastwood? Non ma perdo.
----------
* "gracias" por "grazas" é a miña particular cruzada contra os cambios absurdos da lingua (acabarei claudicando?) O esquío penso que me entende.

Se cadra "Changeling" non é unha obra maxistral, pero está moi por enriba do nivel que chega normalmente ás salas comerciais. Encántame a utilización da música e a efectividade coa que desconxestiona a historia. Clint Eastwood é un mago dos sentimentos, quen o dubida! A única pega que lle atopo ao filme pode ser a interpretación irregular de Angelina Jolie (e poida que dalgún dos cativos -pero tería que vela en V.O.-).
Por certo, que xa estou pendente da estrea de Gran Torino. Outra de Eastwood? Non ma perdo.
----------
* "gracias" por "grazas" é a miña particular cruzada contra os cambios absurdos da lingua (acabarei claudicando?) O esquío penso que me entende.
28 diciembre 2008
Os pes comunican
Esta é a primeira das series fotográficas de Ana Bangueses que quería compartir convosco. A ver que vos parece.
17 diciembre 2008
Canción de berce para Aldara
Berce do Sol que é a Lúa,
esta nena quere Estrelas.
Esta nena soña nelas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.
Nena que soñas co mar(e)
e entre estrelas con teu pai(e).
Coida del no teu soñar(e)
e deixa que as bágoas e o mar
as quente o Sol.
Berce do Sol que é a Lúa,
esta nena ten Estrelas
Esta nena terma delas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.
esta nena quere Estrelas.
Esta nena soña nelas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.
Nena que soñas co mar(e)
e entre estrelas con teu pai(e).
Coida del no teu soñar(e)
e deixa que as bágoas e o mar
as quente o Sol.
Berce do Sol que é a Lúa,
esta nena ten Estrelas
Esta nena terma delas.
Berce do Sol durme á nena,
dálle calor.
16 diciembre 2008
Valor / Macou
Supoño que embarcarse en proxectos destructivos é unha parte da vida laboral (da vida en xeral) da que non se pode fuxir. Sobre todo sabendo que un non elixe os traballos que lle ofrecen e, na maioría dos casos, descoñecendo o tipo de xente coa que vas a turrar.
En xeral movémonos nun medio (o audiovisual) totalmente hermético. Se non tes un padriño, directamente non existes; se gusta o que fas (cousa totalmente subxectiva) eres un semi-deus e; se tes un mal día, en menos de 24 horas eres escoria. Non hai punto medio. Non se pode ser "soamente unha persona que fai o seu traballo". Isto provoca unha loita instinctiva (case tribal) por trepar, así como unha falta de humanidade e compromiso co compañeiro que alimenta o bochorno e a desesperanza.
Por se iso non fose dabondo, esta situación pégase de fuciños contra todo aquilo que meus pais, na súa bondade, sementaron (aínda o fan) dentro desta cabeciña miña ao longo dos anos e que se deu en chamar valores.
E aí é onde se atopa o miolo da cuestión. Porque todo o mundo fachendea de ter valores. E con toda razón! pero o certo é que o valor da para todo tipo de definicións, negativas e positivas, o que convirte en tarefa imposible saber se o que te axuda a avanzar na vida é en realidade bon ou non:
Valor: 1) Prezo, suma de cartos na que se se estima algo. (Ex: Esa xoia ten un valor elevado) Que teña moito valor non é necesariamente sinónimo de ser bo (alguén sabe o valor económico dunha bomba? ou dunha mentira?); 2) Virtude ou utilidade que fan que alguén ou algo sexa apreciado. (Ex: Eche moi sincero, ten valor) Sinceramente dubido do valor da verdade en algúns casos. Hai que aprender a omitir información; 3) Osadía ou desvergonza (Ex: Hai que ter valor para pedir un favor a quen acabas de pisar) Aquí é onde queda patente que a valentía tamén pode ser negativa.
Por iso todo é tan doado e tan complexo. Por iso moita xente á que consideramos verdadeiros monstros durmen a noite toda. Cada un acóllese á definición que mellor lle ven... e todos levamos razón (a soñar cos anxiños!).
Isto foi máis ou menos o que vivín nos últimos meses e o motivo da miña ausencia. Pero non nos poñamos pesimistas, que ultimamente tamén confirmei que teño cerca xente valiosa: Que bo tervos coñecido Mare e Lucía! En eterna débeda polo voso apoio María, Pilar e Carmen!
Por certo, o de "Macou" no título desta entrada non é porque me volvese ególatra de súpeto (se cadra iso xa ven de serie co bicho) é que onte falei con Anita e cando colleu o teléfono dixo "Coño, Macou!". Lembrei entón que son Macou polo ben que sona cando o di unha voz amiga. Graciñas.
15 noviembre 2008
Rebobine, por favor (ou como suecar unha película)
Xa non lembro a última vez que fixen unha crítica de cine, pero non é menos certo que tamén hai tempo xa que non atopo unha película que xustifique o esforzo de facelo.
Vou facer unha excepción con “Rebobine, por favor (Be Kind Rewind)” de Michel Gondry porque, se ben non é a súa mellor película (se cadra é a máis frouxa delas), penso que dentro dunha historia máis ou menos fresca, atopámonos coa esencia de todo o seu cine e o xeito que ten Gondry de aborda-lo proceso de creación dunha película. Todo sexa dito, que unha película frouxa de Gondry non adoita ser unha película frouxa en absoluto.
Vexas na dirección que vexas (publicidade, videoclips, cine) todo o traballo de Gondry vése rodeado de elementos manufacturados. Dalgún xeito atopo en Michel Gondry a un director que se resiste a abandona-los xoguetes cos que ideou a súa historia.
Incluso en películas como “Esquécete de min” (totalmente recomendada) ateigada de efectos dixitais, atopámonos con situacións nas que argallou o xeito de resolvelas física e mecánicamente, coa utilización da iluminación, maquetas, etc. Todo isto faise máis evidente en obras como “A ciencia do sono” (tamén recomendada). E pese a que nos obriga a convivir cun híbrido, a medio camiño entre un conto de títeres e o cine clásico, consegue integrar todos estos elementos estraños (ou así mo parece a min) até convertilos, ante os nosos propios ollos, nun interesante exercicio de estilo.
Por iso gustei tanto de “Rebobine por favor”, porque nos amosa con claridade o seu xeito de traballar e aléntanos para que sexámos partícipes dese ritual.
Teño que dicir que ao remata-la película de Gondry, entráronme unhas irremediables gañas de suecar algunha outra película. E a miña sorpresa foi atopar en YouTube infinidade de películas suecadas, algunhas delas dignas de ser vistas (“sweded movies”).
Aproveito este último párrafo para: 1) lembrar con certa nostalxia aqueles tempos nos que eu mesmo montaba en cólera ao me atopar cun VHS do videoclube sen rebobinar e 2) recomendar tamén a páxina web oficial da película:
http://www.bekindmovie.com/

16 octubre 2008
Foto de Equipo
Esta é a foto do equipo de rodaxe, pero non me quero esquecer dunha das persoas que axudou a que Aurora tivese o tremendo reparto que finalmente ten: Xurxo Mares (Director de Casting). Graciñas Xurxo pola túa implicación e polo acerto das túas propostas.
Na fotografía de Pablo Carballeira (de arriba a abaixo e de esquerda a dereita):
Fila superior: Roberto Chico (Axudante de Dirección), Fernando Dans (Fotografía)
e Martin DeSoto (Efectos Especiais)
Segunda fila: Xúlio Abonjo (Actor), Laura Fernández (Axudante de Produción), Abi Buceta (Actriz e Vestiario/Perruquería), Mª Ángeles Prieto (Actriz), Fé Cortón (Xefa de Produción)
e Elena Varela (Axudante de Produción)
Fila de abaixo: Pablo Carballeira (Foto fixa), Manuel Macou (Director), Encarna Alonso (Script e Axudante de Dirección), María García (Actriz e Productora Executiva) e Alfonso Camarero (Son)
No monitor: Camila Bossa (Actriz) e Antonio Mourelos (Actor)

Faltan nesta foto outros rostros como o de Andi e Esther (Atrezzo) e Lois (Reforzo de Produción).
28 septiembre 2008
Aurora: Deuses e Monstros
Con Aurora buscabamos un paso adiante. E se cadra démolo. Pero toda evolución ten o seu prezo. E no caso de Aurora o custe non é pequeno. Durante toda a fin de semana pasada lembreime do monolito de 2001: unha odisea espacial.
Nunha rodaxe chea de atrancos sentinme en algúns momentos perdido (non estou moi habituado a improvisar) pero por sorte contei cun reparto que sumou todo o rato e aportou a sua experiencia para suplir algunhas das nosas carencias e aguanta-lo trebón nos momentos difíciles.
Tiven, estes días pasados, ocasión de visionar o gravado e o certo é que ao principio non acadaba a entender como puido ser unha rodaxe tan dura. O aspecto das imaxes é formidable e os actores están a uns niveis de realidade que vos emocionarán e que a min énchenme de orgullo.
Aprendimos moito dos acertos e (sobre todo) dos erros. Nese sentido e moi ao meu pesar, teño que destaca-la lección de profesionalidade que nos deu a todos Xosé Manuel Olveira "Pico" e que deixou ao descuberto que a pesares da nosa aposta polo xiro cara o profesional (se cadra incluso na boa dirección), seguimos sendo uns novatos. As miñas máis sinceras desculpas, amigo.
Agora quédanos confirmar coa montaxe que temos unha boa película e armar todo cun bo son e banda sonora. Como dixo un amigo ao que lle confesaba o día antes da rodaxe que o cámara era os meus ollos e polo tanto unha peza fundamental para conta-la nosa historia: "Coida ben da vista, mais non descoide-lo oído." Seguiremo-lo seu consello.
07 septiembre 2008
P e A: PA
As miñas máis sinceiras desculpas pola longa ausencia no blog. Pero está máis que xustificada. Estamos a dúas semanas da rodaxe de Aurora e non teño tempo nin para facer balance. Agora mesmo estamos nese punto da espiral onde hai que agarrarse forte para non saír voando.
Así a todo sería moi mal pai se o día máis importante do ano non fago un alto na vertixinosa carreira cara a gravación para dicir que a miña pequecha aprendeu a dicir: Pa-pa.
E para ela vai esta entrada (e se todo sae ben a curta tamén). Quérote Aldara.

25 agosto 2008
Fe de Erros (4)
O xeito en que a sociedade asume os cambios que se van producindo ao ser arredor ás veces está máis próximo á sabedoría do que o están algunhas disertacións de especialistas na materia. Iso pasa, na miña opinión, coa lingua na nosa terra.
Eu amo os nosos idiomas, porque me achegan aos meus semellantes (incluso aos que non están ou aos que non chegei a coñecer porque finaron moito antes de que meus propios pais nacesen) e porque estou convencido de que o mundo é máis rico coa sua existencia.
Pero a imposición é contraproducente e as trabas á súa utilización (con tanto continuo cambio) un grave erro. A solución non é doada, admítoo, mais hai dous días, paseando por Coruña cerca do Millenium, atopei un berro feito pintada ao que me adscribo:

A evolución natural non debería ser provocada, non?

15 agosto 2008
Cuestións (6)
Esta semana cumplín anos e o feito de supera-la treintena reviviume algunhas cuestións que me veñen acompañando dende que decidín participar nesta olimpíada kafkiana chamada audiovisual:
Serve de algo facer curtametraxes? Que trascendencia ten isto do audiovisual ou do cine? Para alguén máis que para min mesmo é rendible invertir tanto tempo e esforzo en preparar un proxecto ao que (con toda seguridade) non terá acceso case ninguén? Pregúntome se paga a pena dedicarse a contar historias e, finalmente, se é realmente necesario.
Prefiro non pensar que ao final facer cine soamente é terapia para o que decide contar algo a través da imaxe en movemento e o son; un xeito de afastar (ou invocar) pantasmas; de intentar deixar neste mundo unha pegada que se borrará inevitablemente coa seguinte marea. E digo que prefiro non pensar nisto porque esta teima sitúame nun escenario pouco desexable, tendo en conta que durante unha gran parte da miña vida loitei por estar no camiño no que agora me atopo.
Desexo que Aurora atravese con decisión a cuarta parede e exerza un efecto terapéutico tamén sobre o que a vexa. Soamente entón pensarei que veño de facer algo de proveito, non por min ou polos demáis, senón polo propio tempo (que ao fin é o verdadeiro agasallo nesta vida).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)