07 junio 2010
Ciruxía / blog?
Onte pola tarde estiven a operar un conto. Baixo a curiosa mirada de Aldara ordenei as follas, peguei con cinta adhesiva, cosín cada prego. Foi un traballo que me levou tempo e din en pensar se o seu pai, de sabelo, agradecería dalgún xeito este esforzo meu por manter con vida á súa criatura.
Visito pola noite o blog? que Suso de Toro e confirmo con tristura que o abandona definitivamente (polo momento?). Así a todo resístome a retirar a súa ligazón do meu Gústame visitar. Despois de todo as palabras non perden entidade así pase o tempo (se cadra todo o contrario) e prefiro pensar que o escrito seguirá a ter valor en tanto en canto alguén o lea nalgún momento. Deixemos logo a porta aberta.
Será por iso mesmo que estiven toda a tarde a reparar un libro, ou?
26 mayo 2010
Cuestións (9) / Perdidiños
Mete medo pensar nas consecuencias que pode chegar a ter en futuras producións un fenómeno de masas como foi Perdidos (Lost).
Unha serie que durante seis tempadas cimenta a narración (moitas veces a duras penas) sobre unha sucesión de enigmas que se atopan agochados nunha illa de propiedades fantásticas, non pode en ningún caso finalizar sen antes resolver cada unha das cuestións xeneradas.
Visto o último capítulo da última tempada as únicas palabras que me veñen a boca son decepción e medo. Decepción ao confirmar que en realidade estivemos a perder o tempo en mans duns guionistas que non tiñan nin idea (a saber dende hai canto) como acabar este lío con mínimo talento e dignidade; Medo ao pensar que isto pode abrir as portas a futuros produtos que, escudados nun mal uso da palabra "macguffin", poidan chegar a colarnos outra historia estirada ate o infinito (coma esta), cando en realidade non existe ningún tipo de argumento detrás.

01 mayo 2010
Suso de Toro e o can de Culann
Cando o neno Setanta se achegou á casa de Culann, mal sabía que o can do ferreiro, de descomunais dimensións, agardaba por el na porta coa intención de atacalo.
A súa curta estatura e os seus escasos seis ou sete anos non resultaron ser un obstáculo para acabar coa besta.
Malia proeza de saír con vida e en vendo que era o único can que tiña o ferreiro, ofreceuse, humilde, para gardar a casa de Culann ata o momento en que este adquirise outro can.
Así foi como o neno Setanta deu en chamarse Cuchulain (can de Culann), á postre un dos heroes celtas máis importantes.
Ben mirado, a obra de Suso de Toro encaixa á perfección con este pequeno relato.
Un rapaz que empeza a escribir en galego atópase cun can moito máis grande ca el: un panorama literario galego practicamente extinto. Con afouteza loita contra todo ese pesimismo e, igual que fixera Setanta, coa única axuda das súas mans, fire de morte á inercia de menosprezar un idioma que, para máis gravidade, nos é propio.
Malia proeza de logralo, en vendo que publicar é o único xeito de sentar as bases dunha normalidade á hora de utilizar o galego na escrita, decide seguir na xeira ate o momento en que o panorama literario galego atope un can mellor.
Así é como un rapaz que empeza a escribir en galego convértese nun referente para moitos de nós. Agora que Suso de Toro aparcou a pluma, prego por que o espírito de Cuchulain turre por el para que volva. Sobre todo porque seguimos sen can e agora, enriba, sóbrannos os antiheroes.
A súa curta estatura e os seus escasos seis ou sete anos non resultaron ser un obstáculo para acabar coa besta.Malia proeza de saír con vida e en vendo que era o único can que tiña o ferreiro, ofreceuse, humilde, para gardar a casa de Culann ata o momento en que este adquirise outro can.
Así foi como o neno Setanta deu en chamarse Cuchulain (can de Culann), á postre un dos heroes celtas máis importantes.
Ben mirado, a obra de Suso de Toro encaixa á perfección con este pequeno relato.
Un rapaz que empeza a escribir en galego atópase cun can moito máis grande ca el: un panorama literario galego practicamente extinto. Con afouteza loita contra todo ese pesimismo e, igual que fixera Setanta, coa única axuda das súas mans, fire de morte á inercia de menosprezar un idioma que, para máis gravidade, nos é propio.
Malia proeza de logralo, en vendo que publicar é o único xeito de sentar as bases dunha normalidade á hora de utilizar o galego na escrita, decide seguir na xeira ate o momento en que o panorama literario galego atope un can mellor.
Así é como un rapaz que empeza a escribir en galego convértese nun referente para moitos de nós. Agora que Suso de Toro aparcou a pluma, prego por que o espírito de Cuchulain turre por el para que volva. Sobre todo porque seguimos sen can e agora, enriba, sóbrannos os antiheroes.
26 abril 2010
Cuestións (8) / O muro
Incluso aquilo que é un divertimento as veces endurece, faise máis e máis rexo. Con desacougo un pregúntase se o único que o rodea é o aire e mais os ladrillos do muro que o atrapa. Hai alguén aí?
15 abril 2010
A Caixa Curta (o ano do paro)
Esta noite de premios galegos do audiovisual non negarei que agardaba un recoñecemento ao traballo feito na serie documental A Caixa Negra. Sobre todo como compensación ao trato dubidosamente cortés brindado a este proxecto por parte da nova dirección da TVG. Un programa ateigado de aleatorios cambios horarios e absurdas polémicas. Porque, a pesares do que se teña a tentación de pensar, aínda non chegou o día que se poida falar de todo nesta terra.
Agardaba un recoñecemento para A Caixa Negra que non chegou. E case foi mellor así. Porque a dedicatoria dos compañeiros de Onda Curta (que foron os que nos arrebataron o premio ao mellor programa) foi unha fresca brisa de sensatez.
Dedicáronlla a tódolos parados. E moi especialmente a aqueles que o están a pesares de ter feito un bo traballo, recoñecido e necesario. Non en van (oh ironía!) Onda Curta, Miraxes, Botarse ao Monte e A Caixa Negra, o mesmo ano no que foron nominadas, pasaron a formar parte doutra nómina con moito menos glamour que é a lista de programas extirpados por esta nosa Televisión de Galicia.
E gustoume especialmente unha cousa que dixeron os premiados: "Seguimos querendo á nosa televisión pública (aínda que ela non nos queira a nós)". Graciñas compañeiros por roubarnos o discurso. Se cadra non había ser moi distinto se nolo dan a nós ou aos amigos de Miraxes.

AARÓN - Marcos Nine (2009)
Premio Mestre Mateo á mellor Obra Experimental
Premio Mestre Mateo á mellor Obra Experimental
07 abril 2010
Mascotas do Audiovisual
Esta semana acordeime de Diego Macho, ex-montador dunha xa desaparecida empresa de audiovisual (¿?) na que traballei.
Incorporouse o luns un rapaz de prácticas. Traía o medo debuxado na cara e tres palabras contadas ben atadiñas dentro da gorxa. Observaba todo como o fai un paciente no quirófano momentos antes de ser operado; como un hamster que sae da caseta para inspeccionar a nova roda que lle acaban de instalar na xaula.
Falamos brevemente da escola e do que esperaba atopar no audiovisual. Intentei (xuro) non ser sincero ou explícito en exceso. O xusto para ferir coa verdade sen romper un soño.
Non penso que queira seguir os pasos da montaxe. Amablemente dixo que lle gustaba bastante, o cal pódese interpretar como que lle gusta bastante pouco, case nada. Non o digo como reproche. Insisto en que foi extremadamente amable cando o dixo (se cadra mostrou tanto tacto coma o meu ao dicilo).
Estes dous días serviron para que se relaxase un pouco e empezase a aflorar o profesional que quere ser. Polo pouco que sei, gústalle ver series e escribir. Gústalle (basicamente) a ficción. A ver se ten sorte e pode enganchar algo relacionado co tema.
Como non, acordeime de Diego Macho, o montador que me viu chegar, coa miña cariña de hamster e toda a ilusión posta neste medio ao que non lle perdín o gusto co tempo. Agora entendo un pouco máis como se sentiu el. E agradézolle que fose levemente sincero (o xusto para ferir sen romper un soño). Graciñas Diego, téñoche ganas de volverte ver.
08 marzo 2010
Maldito fanático apaixonado
Hai uns días vin o documental sobre Pablo G. del Amo, montador de xoias como La Caza, El espíritu de la colmena, El Sur, Tasio ou El viaje a ninguna parte. Dicía o bo do home nunha conferencia: "no concibo esta profesión, permítaseme la cursilería, sin amor".
Sei que esta frase é aplicable a calquera actividade, dende un fontaneiro a un funcionario da Facenda. Pero coido que na nosa profesión esa expresión adquire un significado especialmente dramático.

Nas nosas mans (nunca mellor dito) está, en parte, conservar a vida que as imaxes traen da rodaxe. E engadirlle, na medida do posible, aqueles matices que agochaba o guión (por iso é tan importante lembrar as sensacións extraídas da súa primeira lectura). Podemos lograr que unha secuencia sexa memorable engadindo unha mirada, un silencio, ou suprimindo unha liña de texto (sempre co beneplácito do director -claro-); ou podemos dinamitar unha gran secuencia ao non atopar o ritmo axeitado. A clave: o amor ao traballo e non ter medo de xogar e gozar co propio xogo.
Pero ese amor ao cine penso que non sempre é comprendido. Ás veces, nas conversas cos amigos, noto que perciben esa paixón como un posicionamento radical. Empeza a ser costume escoitar como me chaman fanático. Eles dirán que cando o rio sona, auga leva. Eu farei ben en preocuparme se un día o rio seca.

15 febrero 2010
Sen ou mal sinal
Hai dez anos unha psicose pandémica chamada "efecto 2000" fixo que temesemos pola nosa integridade física ao prender o 386 na mañá do día 1 de xaneiro. O tal efecto foi, nunha escala de 0 a 100, despreciable.
Non podemos dicir o mesmo deste apagón analóxico. A Televisión Dixital, pese a ser Terrestre, vése que non está preparada para terras áridas como as de Cerceda (por poñer un exemplo). Hai semanas xa nas que a única programación que nos chega correctamente é unha serie que se emite de luns a domingo (a todas horas): "Sen ou mal sinal". Dende "Sálvame" non vira un produto televisivo tan prescindible e excesivamente estirado.
Pese ós tombos, ó continuo discurso entrecortado, á goyesca imaxe pixelada (nada máis lonxe da calidade dixital da que falaban os folletos que nos chegaron á casa e que narraban poéticamente as delicias de abandonar o analóxico) conseguín congratularme cos oito premios que acadou esta noite a "Celda 211". Sen ser adorador de Vaca Films, sempre é bo confirmar que se pode facer ese cine en España, e máis aínda que é rendible e premiable.
Como dixo miña nai: Galicia está no máis alto. Será por iso que non acaba de chegar ben o carallo da TDT. Agora que estamos ben arriba, queira dios a hostia non nos deixe tesos e sen emisión en dixital.

21 enero 2010
Fe de Erros (8)
Ano novo, proxectos vellos.
Os escaladores saben moi ben que para acadar unha meta é preciso avanzar e volver sobre o andado. Pódese dicir que soben varias veces a montaña antes de ver o mundo dende o cumio.
Os escaladores saben moi ben que para acadar unha meta é preciso avanzar e volver sobre o andado. Pódese dicir que soben varias veces a montaña antes de ver o mundo dende o cumio.
Pois iso, Como se fixo Cafés de Papel:
07 enero 2010
De profetas e aparellos de pesca
Ninguén é profeta na súa terra. Veño remoendo niso dende mediados do Nadal. Pódese dicir que arrastro esta teima dende o ano pasado (valla 0 chiste sen gracia). O 16 de Decembro, Fecimo* presentou da man do seu presidente José Bangueses, unha edición de "O Bichero" que recolle algunhas das tiras cómicas de Luis Davila.
Ninguén é profeta na súa terra e case compréndese: os mais vellos non poden esquecer que Luis é ese cativo que aprendeu a dar os primeiros pasos esfolando os xeonllos polas rúas do seu pobo; os compañeiros de pupite recoñecen a Davila naquel rapaz que caricaturizaba a profesores e compañeiros; e os que non o coñecen simplemente pensan que dun pobo como Bueu, que ten máis vogais que consonantes, cousa boa non pode saír.
Ninguén é profeta na súa terra. E por iso tivo que ser Bangueses (alguén máis achegado ás cálidas augas termais de Ourense que ás xélidas augas salgadas do Morrazo) quen vira en Davila a un artista que aprendeu a andar entre a súa xente e a observar o mundo dende fóra (cun sorriso -para maior gravidade-); alguén que soubo tirar partido desa afección súa de darlle ao lapis para convertila nunha profesión.
Por iso, e a pesares de ser da familia, a pesares de que ninguén é profeta na súa terra, é o seu dar á noraboa a Pepe pola iniciativa, e tamén (claro) a Fecimo por deixarse liar e a Luis Davila pola súa xenerosidade. Ogallá saquen máis edicións do seu traballo. Bastante irónico é xa que unha Federación de Comerciantes sexa a que, con moito criterio, dera o primeiro paso.
_________
* Fecimo - Federación de Comerciantes e Industrias do Morrazo.

31 diciembre 2009
Desexos (6) / DOS mejor que UNO
Novas esperanzas, vellos propósitos e lembranzas (moitas lembranzas) faranse as beiras nunha das noites máis especiais do ano. Este 2010 agardo sexa para vós (como mínimo) tan pleno como o foi para min o 2009. Bicos mil e graciñas a todos por estar, por redondear o meu 2009.
________
P.S. Hai uns días recibín un e-mail dun gran mestre e mellor amigo, que me confirmou como os desexos cúmprense máis veces das que pensamos. Graciñas Arturo. Por todo.

________
P.S. Hai uns días recibín un e-mail dun gran mestre e mellor amigo, que me confirmou como os desexos cúmprense máis veces das que pensamos. Graciñas Arturo. Por todo.

Portada dun traballo que fixen en 8º de EXB
28 noviembre 2009
Fe de erros (7)
Lembro cando soñaba con formar parte dunha compañía de teatro, moito antes de coñecer as delicias do cine (da montaxe) na Escola de Imaxe e Son. Entón era un actor valente. Moi bon, por certo. Capaz de actuar e dirixir a un nivel extraordinario. Vaia bosta máis gorda. Vése que con menos anos, menos apretan tamén as exixencias e máis xeneroso se é na consideración dun mesmo. Pero o mundo evoluciona cunha arritmia vertixinosa e pasa por riba de nós asoballándonos. O tempo pon a cada un no seu lugar. Carallo, é que é verdade.
Un día empezas a dubidar do teu tamaño. É un xiro doloroso, pero necesario. Aceptas que cunha boca tan pequena non pode comer un o mundo todo e tomas a decisión de falar en voz baixa. Cos pés percibindo o chan por vez primeira, avanzas a tombos nunha dirección, pregando que sexa esta a correcta. Agora pensas moito máis cada paso, se cadra porque agora tamén sintes as pedras do camiño. Crúzaste con xente que pasa voando por enriba de ti acarrexando a súa propia mentira e pisándote a testa ás veces. Extraordinarios.
Admito que soñei con dirixir películas, tamén con actuar nunha compañía. Soñei tantas parvadas que cheguei a esquecer que o que realmente necesitaba eran o cine e o teatro, non esa imaxe amorfa de min mesmo: un home-elefante que se cría Adonis.

02 noviembre 2009
Circo e mentiras
Tema: Sad Waltz * Intérprete: Michael Ford
Un circo é unha familia. O lanzador de coitelos traballa coa súa muller. Diana é preciosa. Cando el a ata sobre a area circular, noites de caravana pasan pola súa cabeza. Ela olla cara arriba, a boca aberta da carpa. Polo burato entra un aire fresco que se mestura co abafante alento dos espectadores. Ela fala silenciosa cun deus no que non cre, mais os seus beizos soamente tremen. Recorda. O día de montaxe os artistas descansan. Ela desaparece unhas horas e, preciosa, comparte co mago os caprichos do seu corpo. Unha truca. O seu home, na cociña, deixa a pedra de afiar sobre a mesa. Apreta as mans. Redobre de tambor. O público agarda coa respiración contida. Cos ollos vendados o lanzador acariña o filo metálico dos coitelos. Lanza o primeiro e o aire zoa. Pam. Os outros coitelos caen da súa man e chegan ao chan moito antes de que un berro común inunde o espazo. Coa mirada aínda no ceo ela xa non prega. O lanzador de coitelos tira a venda dos ollos. Diana. O vestido dela muda de cor á altura do corazón. Non é un asasinato, non, pensa. Soamente un accidente laboral. Que chiste tan malo. Os paiasos, detrás do telón, reteñen ao mago que esnaquiza o seu sombreiro de copa. Fin do espectáculo. O lanzador, chorando, corre a desatar a esa preciosidade. A súa muller. E ela... ela ascende cara a boca da carpa, buscando aire fresco.30 octubre 2009
Use Your Illusion
Este mes que entra cumprirase outro soño. Agardo paciente a que se materialice. Se puiden co paso dos anos sinto que podo co paso dos días. Non estou ansioso, mais si ilusionado.
A ilusión é a única capaz de abater esas ideas nas que un se ve moi, moi pequeno. Ideas que teorizan con non poder acadar o teu soño se naceches nun pobo; que maliciosamente insinúan que un non é ninguén e que polo tanto nada se pode facer; que xogan a compararse con outros que chegaron antes á mesma meta.
Este mes que entra inicio a montaxe dunha longametraxe. Gracias* ao tempo que decidiu agasallarme cunha nova alegría; á familia que me concedeu a posibilidade de escoller un camiño diferente ao que eles mesmos vían como "o camiño bo e seguro"; aos amigos que sendo poucos fan tanto ruido e dan tanto e tanto cariño; aos que visitan este recuncho e aos que nos citan nos seus propios, porque eles manteñen prendida a única chama que necesita un home para tocar o seu soño: a ilusión.
Acabei de escribir e permanezo en silencio durante un breve instante. Releo e agardo. Paciente. Non estou ansioso, mais si ilusionado.
____________
* Polo momento négome a escribir "grazas" polo falso que me sona.
A ilusión é a única capaz de abater esas ideas nas que un se ve moi, moi pequeno. Ideas que teorizan con non poder acadar o teu soño se naceches nun pobo; que maliciosamente insinúan que un non é ninguén e que polo tanto nada se pode facer; que xogan a compararse con outros que chegaron antes á mesma meta.Este mes que entra inicio a montaxe dunha longametraxe. Gracias* ao tempo que decidiu agasallarme cunha nova alegría; á familia que me concedeu a posibilidade de escoller un camiño diferente ao que eles mesmos vían como "o camiño bo e seguro"; aos amigos que sendo poucos fan tanto ruido e dan tanto e tanto cariño; aos que visitan este recuncho e aos que nos citan nos seus propios, porque eles manteñen prendida a única chama que necesita un home para tocar o seu soño: a ilusión.
Acabei de escribir e permanezo en silencio durante un breve instante. Releo e agardo. Paciente. Non estou ansioso, mais si ilusionado.
____________
* Polo momento négome a escribir "grazas" polo falso que me sona.
13 octubre 2009
Nena da praia
Na ponte do Pilar visitamos Asturias (concretamente Luarca). Tanto a costa como os pobos de montaña (no interior) son verdadeiro arte natural. Aló xestouse esta micrometraxe feita coa cámara de fotos.
Tedes a disposición os subtítulos para a versión en español.
NENA DA PRAIA
Tedes a disposición os subtítulos para a versión en español.
08 octubre 2009
Animalario
Hai un par de semanas fun ao cine con Martin, único ser humano no mundo (a día de hoxe*) coa capacidade de sacarme da quietude de Cerceda para gozar da carnicería de Malditos Bastardos. A cousa é que nun deses parlamentos ególatras nos que tanto se gosta Tarantino, un dos protagonistas pregúntase por qué nos dan noxo as ratas e non así os esquíos, que son practicamente iguais (agás pola cola).
E niso o bo de Quentin leva razón, porque hai animais socialmente ben (e mal) vistos dependendo da cultura á que pertenzas. Porque, falemos claro: quen de vós quixera ser porco, cascuda ou lesma? Mais, ai, que boíñas son as formigas que traballan a reo, que bonitiñas facendo as súas ringleiras, sorteando obstáculos, portando dez veces o seu propio peso. Que feitiñas e como se organizan.
Sexa como sexa, son consciente de que o proxecto de deseño que vos quería recomendar nesta entrada, non tería posiblemente o mesmo tirón se chega a chamarse o porco amarelo, a cascuda vermella, ou a lesma multicolor.

Hai un ano, a xente de La hormiga azul empezou a crer nas súas inquedanzas e a publicar pequenos traballos reunidos nun fanzine. Se cadra víronse identificados coas formigas porque xuntos tiran máis partido de si mesmos como individuos; ou porque agochan no máis profundo, onde normalmente o ollo non chega, un universo único e abraiante (quen sabe!).
Deixo unha ligazón permanente por se queredes colaborar con eles ou, simplemente, visitalos de cando en vez para comprobar que a comunidade segue viva, aló no formigueiro. Eles, cada tres meses, compartirán a súa arte con todos nós sen prexuizos polo feito de sermos porcos, ratas, esquíos, cascudas ou lesmas.
_____________
* Admítense invitacións.

18 septiembre 2009
Tragando area
Teño a necesidade de saír deste dique seco.Hai meses que debo re-dixitalizar Aurora e non lle atopo o momento. Unhas veces é a vida mesma e outras a desidia as culpables de que a día de hoxe o proxecto se atope no mesmo semáforo en vermello que estaba onte.
E a situación tenche as súas consecuencias. As máis inmediatas son a ansiedade e o bloqueo. Síntome incapaz de escribir nada novo mentres Aurora non cobre vida definitivamente. É unha sensación como de estar retendo a respiración a moitos metros de profundidade, baixo o mar, cando hai xa varios segundos que non aguanto máis. Teño a certeza de estar defraudando aos que se deixaron a pel na rodaxe e son demasiado frecuentes as noites nas que me acompañan os soños repetitivos de guións patéticos xa descartados.
Co cambio de vivenda deixei atrás unha cidade que me activaba con cada pintada, con cada conversa anónima, deixei atrás ecos de coches e a inercia de escribir para contalo. Perdón.
22 agosto 2009
Volver
Volver... polo pracer de dar voltas e retornar buscando unha ollada cómplice.
Volver... coa fin de transformar sutilmente ao xeito do Sol que tinxe de cores o ceo.
Volver... para cuspir o que non foi dito coa esperanza de que pague a pena que alguén o lea.
Volver, con la frente marchita...
Volver o que se di volver... en setembro.

11 julio 2009
Martin e a habilidade (Amor/odio)
Martin mantén coa súa habilidade instinctiva para crear pequenas xoias unha relación de amor/odio que ben debera caer do lado do amor. A Martin pásalle coa súa habilidade o que a nós (xente de costa) co mar: a forza de velo aí, acabamos por pensar que non é maís que auga salgada. É un clásico que teña que vir alguén do interior a lembrarnos, coa boca desencaixada, a inmensidade dese azul marino.
Cada vez que vexo un traballo de Martin DeSoto pregúntome por que non se atreve a facer (con tempo) unha curta/longametraxe de animación. Crédeme, necesitamos que alguén como Martin se atreva a despoxar de toda inocencia aos "recortables" nunha das súas historias.
Este breve tesouro que artellou para nós é a intro de animación de Teatro Scaenae. Inspirada na tradición europea de teatros de papel e utilizando ademáis a imaxe do primeiro trávelling (filmado por Billy Bitzer no metro de New York en 1905).
Enorme. Graciñas.

27 junio 2009
Fe de Erros (6)
Adoito manter unha dura loita contra da miña predisposición a pensar a priori. Por iso cando se produxo un cambio de directiva na Televisión de Galicia (produto dun cambio de tinte político no goberno da Xunta) decidín deixar distancia e valorar coa maior neutralidade posible a sorte de A Caixa Negra*. Entre outras cousas porque traballar cada día no proxecto, prívache dunha obxectividade que por outro lado (como xa dixen) case nunca se ten. Pero a cronoloxía dos feitos está a ser bochornosa:15 de Maio de 2009 - Unha TVG aínda rexentada polo anterior goberno social-nacionalista estrea A Caixa Negra situándonos na parrilla ás 23:10h (xusto a continuación da exitosa Matalobos**).
Despois de tratar temas quentes como A Operación Nécora do narcotráfico ou O Casón, un barco que embarruncou na costa galega cunha carga perigosa e acabou estourando, chega o momento de falar de Vacas Tolas.
02 de Xuño de 2009 - Ese martes a nova directiva da televisión autonómica decide substituír o programa de vacas por unha de vaqueiros, que viva a sorna galega! Puxeron no noso lugar unha boa peli: O xinete pálido de Clint Eastwood. E aquí empeza o circo.
Do 03 ao 06 de Xuño de 2009 - Os medios de comunicación fanse eco da noticia. A sombra da censura empeza a sobrevoar San Marcos, sobre unha TVG que ten unha directiva de dous días de vida (pronto empezamos). Sucédense as mentiras dos gobernandes, as declaracións cruzadas cos gandeiros e a nosa perplexidade (despois de todo o programa non era para tanto***).
Núñez Feijoo, que durante toda a pre-campaña fachendeou de demócrata e transparente, afirma que a motivación para retira-lo programa é o profundo problema lácteo polo que atravesa o sector gandeiro. Despois engade que recibiu a chamada de gandeiros pedindo que non se emitise o programa.
Os gandeiros falan na radio e na prensa escrita e desminten as afirmacións de Feijoo, e este sae ao paso conseguindo que un sindicato gandeiro afín ao Partido Popular asine un comunicado no que se afirma que están dacordo coa retirada do programa da parrilla.
Curioso. O noso programa non falaba de leite, senón de carne. Abraiante. Os gandeiros móstranse no documenal (e así foi) como as verdadeiras vítimas dun conflito que lles estourou nas mans por unha mala xestión/información da Xunta de Fraga. Triste. Os que asinan o documento son os mesmos que na radio afirman que eles non chamaron a ninguén para pedir que non se emitise. Están dacordo coa súa retirada, pero as chamadas previas non existiron.
07 de Xuño de 2009 - A verdadeira causa da retirada do programa. As eleccións europeas.
09 de Xuño de 2009 - A directiva da televisión admite que retirou preventivamente o programa por diferenzas nos criterios informativos (manda carallo) e para non danar a imaxe dos gandeiros. Pero unha vez pasadas as eleccións xa non lles importan tanto os criterios, a imaxe ou os gandeiros e as Vacas Tolas entran en emisión. Iso si, ás 23.30h (e con 10 minutos de publicidade previamente). Un desfase de case media hora que a partir das 23h e entre semana é un cambio de horario, pódese dicir, dramático.
E non nos podemos queixar, porque o programa sobre a mala sorte no fútbol dos equipos galegos (16/06/2009) emitiuse ás doce menos cuarto.
30 de Xuño de 2009 - Volve a televisión máis rancia dos últimos tempos. Repoñen Miña sogra e máis eu**** e póñena os martes xusto antes de A Caixa Negra. Eu penso que desta si que o conseguen e matan aos poucos espectadores incautos (e vivos) que a esas horas transiten pola decadente televisión galega.
Se isto segue así acabaremos competindo con eses programas de chamadas telefónicas nos que hai que adiviñar unha palabra de catro letras, que é un animal que da leite e empeza por:
V _ _ _
___________
* A Caixa Negra é un programa documental de investigación presentado por Gonzo que aborda temas que axitaron a Galicia dalgún xeito. ** En Matalobos traballan, por certo, algúns dos nosos artistas de Aurora e tamén de Nai que non fuches. Queda polo tanto recomendada a serie. *** Podedes ver tódolos capítulos de A Caixa Negra seguindo ESTA LIGAZÓN.**** Miña sogra e máis eu é una patética serie con Ana Kiro como protagonista (mimá!)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)