Agora que pasou unha semaniña dende que colguei o trailer de Aurora, pódovos contar tres curiosidades respecto deste:
O SON
O clarinete que soa ao principio, sobre o crédito "unha produción Teatro Scaenae", é o clarinete de Elena Bangueses. Cabe a posibilidade de que así dea comezo tamén a curta.
A IMAXE
Ao final do plano da rúa (por detrás de Camila Bossa) aparece María levando no carriño a Aldara.
O TEXTO
A frase: "Isto é unha merda, non comprendo nada" que di no plano final Mª Ángeles Prieto, dixéronma a min hai algúns anos (non tantos). Foi a primeira crítica que recibín dun guión de curtametraxe. Está aí para lembrarme o duro que é dar cada paso (porque o certo é que te expós en cada cousa que amosas) e tamén como guiño a Martin (que durante os nosos anos de traballo en Baía Fracaso fartouse de repetirma).
5 comentarios:
Isto é unha merda, non comprendo nada. La gran verdad sobre la que fundamento mi existencia.
Por cierto: pequeño exitus de "¿Quieres ser director de cine?" en el Festival de Cans. Premio al mejor actor para Vicente de Souza. Manda huevos.
O de Quieres ser...? era cuestión de tempo. Que continúe a sorte!
O que cae como un xurelo será a imaxe máis impactante da filmografía galega. Tanto, que marcará un antes e un despois e moitos pedirán en masa a realización dunha longametraxe plagada de alieníxenas e bates de béisbol. E senón, tempo ao tempo.
Graciñas por estar aí xureloman. Conto contigo para ver a de Terminator.
Que lecciones tan duras da la vida, jajaja
Espero la edición de coleccionista de "Aurora" con un libreto que incluya todos estos detayes ocultos y una figura a escala en 3D del director recreando alguna secuencia.
Graciñas pola súa ironía, señor capitán. Unha noite destas recibirá un agasallo en forma de cabeza de cabalo e notará un bico na fronte. Durma tranquilo. Vostede durma tranquilo.
Ese es el espíritu!!!
jajaja...
Publicar un comentario