Este mes que entra cumprirase outro soño. Agardo paciente a que se materialice. Se puiden co paso dos anos sinto que podo co paso dos días. Non estou ansioso, mais si ilusionado.
A ilusión é a única capaz de abater esas ideas nas que un se ve moi, moi pequeno. Ideas que teorizan con non poder acadar o teu soño se naceches nun pobo; que maliciosamente insinúan que un non é ninguén e que polo tanto nada se pode facer; que xogan a compararse con outros que chegaron antes á mesma meta.
Este mes que entra inicio a montaxe dunha longametraxe. Gracias* ao tempo que decidiu agasallarme cunha nova alegría; á familia que me concedeu a posibilidade de escoller un camiño diferente ao que eles mesmos vían como "o camiño bo e seguro"; aos amigos que sendo poucos fan tanto ruido e dan tanto e tanto cariño; aos que visitan este recuncho e aos que nos citan nos seus propios, porque eles manteñen prendida a única chama que necesita un home para tocar o seu soño: a ilusión.
Acabei de escribir e permanezo en silencio durante un breve instante. Releo e agardo. Paciente. Non estou ansioso, mais si ilusionado.
____________
* Polo momento négome a escribir "grazas" polo falso que me sona.
4 comentarios:
Síntome aludida e son participativa!
moita ILUSIÓN en letras gordas!
A dúbida ofende. Pon un esquío na túa vida!
Préstoche a ilusión que precises para retomar o teu recuncho.
Bicos mil
Noraboa, e sorte.
Keep on rockin'!!
Xa che irei contando. Bicos!
Friends will be friends!!
Publicar un comentario